Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Interior, pola que se fan públicas as propostas de resolución dos expedientes sancionadores en materia de xogo SA-2/97 e SA-4/97.

-Expediente sancionador: SA-2/97.

Intentada a notificación directa ós interesados na proposta de resolución no expediente de referencia, iniciado por acordo de apertura do director xeral de Interior por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de data 13 de xaneiro de 1997, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

Proposta de resolución:

«Sancionar a Serafín Vázquez Costas (DNI 33 308 445), Nicolás Alfredo Sande Alonso (DNI 33 237 824) e José Martínez Barreiro (DNI 34 595 049), con multa dun millón unha pesetas (1.000.001 ptas.) cada un, como responsables da infracción administrativa moi grave especificada no fundamento xurídico terceiro desta proposta de resolución».

Fronte a esta proposta de resolución poderán os interesados, nun prazo de oito días, contados desde o día seguinte á publicación desta proposta, alegar o que ó seu dereito conveña de conformidade co disposto no artigo 7.d, da Lei 34/1987, do 26 de

decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

-Expediente sancionador: SA-4/97.

Intentada a notificación directa ó interesado da proposta de resolución no expediente de referencia, iniciado por acordo de apertura do director xeral de Interior por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de data 29 de xaneiro de 1997, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

Proposta de resolución:

Sancionar a Luis García González con DNI 00.805.917-C, con multa dun millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), como responsable da infracción administrativa moi grave especificada no fundamento xurídico terceiro desta proposta de resolución.

Fronte a esta proposta de resolución poderán os interesados, nun prazo de oito días, contado desde o día seguinte á publicación desta proposta, alega-lo que ó seu dereito conveña, de conformidade co disposto no artigo 7.d, da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1997.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior

7314