Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación estatutaria da Asociación de Empresarios Productores Lácteos de Galicia (Aeplac).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, presentouse o día 18 de setembro de 1997 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Luis Rey Carreira, co visto e prace da presidenta María José Botana Vaamonde, na que recolle o acordo acadado pola Xunta Directiva, na reunión celebrada o 12 de setembro de 1997, consistente no cambio de domicilio da asociación que pasa a ser: A Paínza, Viladavil-Arzúa (A Coruña).

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 12-9-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7664