Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueirós (Muíños-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Porqueirós (Muíños-Ourense), declarada de utilidade pública e de interese social a urxente execución polo Decreto da Xunta de Galicia 410/1991, do 12 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 246, do 20 de decembro) o seguinte:

Primeiro.-O 22 de setembro de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Porqueirós (Muíños-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Muíños durante trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación do último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP e no xornal de maior circulación desta.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes

poderán presenta-lo recurso na Xefatura Provincial de Estructuras e Desenvolvemento Rural (r/ Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para isto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e, se for o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en recurso ordinario se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 22 de setembro de 1997.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense

97-7762