Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Piñeiro (Xermade-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Piñeiro (Xermade-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 110/1991, do 4 de abril (DOG nº 72, do 16 de abril), que a xunta local da zona, na súa reunión do 4 de marzo, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Xermade e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra as bases os interesados poden interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Estruc

turas e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 197-1º, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 23 de setembro de 1997.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural de Lugo

7760