Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda.
Enderezo social: apartado 6, 36540 Silleda.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Filloi-Raigosa.
Situación: Forcarei.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, de 550 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. de Valiñaxemia ata o C.T. que se proxecta en Filloi-Raigosa, concello de Forcarei. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 2 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8062