Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/85-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda.

Enderezo social: apartado 6, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Barral e Covas.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 320 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón, desde un apoio metálico s/n da L.M.T. D/C Parada-Silleda ata o C.T. que se proxecta en Barral, concello de Silleda. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 942 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 2 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7891