Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 169/1997).

De conformidade co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional (BOE do 31-12-1994), e artigos 9 do Decreto 2617/1996, e 10, 16 e 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), estos de aplicación transitoria, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, nº 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, ós efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 14/20 kV de 176 m de lonxitude con orixe na liña ó C.T. de Busel, centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e R.B.T. aérea de 450 m de lonxitude, no lugar de Cruz, no termo municipal de Santiso (expediente 169/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica no lugar de Cruz (Santiso).

En consecuencia, calquera persoa dentro dos trinta días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectificar a titularidade dos predios, se este é o caso, e recabar datos para a identificación dos bens que se afectan; examinar o proxecto nesta delegación, Sección 3ª Enerxía, 2º andar, Edificio Administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, e formular ante a mesma mediante escrito alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación se realiza igualmente ós efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destos, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 26 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 169/97Provincia: A Coruña

Liña L.M.T. a C.T. CruzConcello: Santiso

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

2Agro de NavidePradoModesto Taboada GareaVisantoña, 1, 15809 Santiso1 e 2283900

3Agro de AgueiroPradoJosé Mera VarelaVisantoña, Cruz, 4, 15809 Santiso2 e CT4931420

4Agro de AgueiroPradoMaría Eiras Quintelar/ Lagartos, 29, 15703 SantiagoCT3968

7893