Para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, Decreto 366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma, sométese a información pública a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do correspondente proxecto sectorial e outorgamento da instalación eléctrica acollida ó réxime especial, a instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Gamesa.
Domicilio social: rúa Portal de Gamarra, 40, Vitoria (Álava).
Título: parque eólico no Monte do Xeixo-Serra do Cando.
Concellos afectados: A Lama, Cotobade, Forcarei, Cerdedo.
Situación da instalación (coordenadas): V(549.000, 4.704.000); V(549.000, 4.705.000); V(552.000, 4.708.000); V(554.000, 4.707.000); V(554.000, 4.705.000); V(553.000, 4.704.000); V(552.100, 4.704.500); V(552.500, 4.703.5000); V(552.000, 4.703.000).
Características técnicas: 40 aeroxeradores de potencia unitaria 600 kW, cunha potencia total que se van instalar de 24 MW e 40 transformadores de 630 kVA cada un, relación de transformación 0,69/20 kV, coas correspondentes liñas eléctricas de interconexión.
As persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas obxeccións ou oposición a este durante o prazo de trinta días, nesta delegación provincial, sita na Rúa Nova de Abaixo, 2, de Pontevedra.
Pontevedra, 25 de setembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7895