Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do correspondente proxecto sectorial, e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 97/1-4).

Para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, Decreto 366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma, sométese a información pública a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do correspondente proxecto sectorial e outorgamento da instalación eléctrica acollida ó réxime especial, a instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Gamesa.

Enderezo social: rúa Portal de Gamarra, 40, Vitoria (Álava).

Título: parque eólico na Serra do Cando.

Concellos afectados: A Lama, Cotobade, Forcarei.

Situación da instalación (coordenadas): V(548.000, 4.698.000); V(548.500, 4.702.000); V(549.000, 4.704.000); V(552.000, 4.703.000); V(552.000, 4.701.000); V(549.000, 4.698.000).

Características técnicas: 40 aeroxeradores de potencia unitaria 600 kW, cunha potencia total que se vai instalar de 24 MW e 40 transformadores de 630 kVA cada un, relación de transformación 0,69/20 kV, coas correspondentes liñas eléctricas de interconexión.

As persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las súas obxeccións ou oposición a este durante o prazo de trinta días, nesta delegación provincial, sita na Rúa Nova de Abaixo, 2, de Pontevedra.

Pontevedra, 25 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8151