Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. Lagos II-Beluso.
Situación: concello de Bueu.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio número 11 da L.M.T. ó C.T. de Beluso-Igrexa, ata o C.T. que se proxecta en Lagos II, concello de Bueu. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, con conductor tipo R.Z. de 36 m de lonxitude.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 11 de setembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8150