Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/39-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Placeres.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 326 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio s/n Mollabao-Marín, ata o C.T. que se proxecta en Placeres, concello de Pontevedra. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V, R.B.T. aero-subterránea, o tramo subterráneo de 60 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. aloxada en tubo de fibrocemento, o tramo aéreo de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 11 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7917