Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/226-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Meirama-As Encrovas e derivada.

Situación: Cerdeda.

Descricións técnicas: modificación da liña de Meirama-As Encrovas autorizada no expediente 50264, con orixe no apoio de derivación a C.T. Limensa e final no apoio número 15, cunha lonxitude de 3.477 m; liña aérea con conductor de aluminio sobre apoios de formigón e metálicos a 20 kV, dous ramais de 70 m e 65 m de lonxitude, por alimentación de dous trafos, tipo intemperie, nos lugares de Cotiño e Gontón, de 25 e 100 kVA de potencia. Municipio de Cerceda.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 28 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7916