Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.394

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (164/1997).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se tramitan autos de xuízo executivo de que se fará mérito, nos que recaeu

sentencia que contén o encabezamento e a resolución seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintenove de setembro de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo executivo 164/1997, seguidos entre partes, dunha como demandante Banco Zaragozano co procurador García Píccoli Atanes, e doutra como demandados Tramagal Transportes, Rafael Castro García e María José Rivas García.

Resolvo que considerando a demanda presentada polo procurador García Píccoli Atanes, en nome e representación de Banco Zaragozano, mando seguir adiante a execución despachada contra os bens dos demandados Tramagal Transportes, Rafael Castro García e María José Rivas García, ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora da cantidade de 703.601 ptas. de principal, mailos xuros, gastos e custas que se impoñen expresamente, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación, para xuros, gastos e custas a suma de 350.000 ptas. Dada a rebeldía dos demandados, notifíqueselles na forma previda na lei, se non se pedise dentro dos tres días seguintes ó da notificación persoal. Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado no termo de cinco días contados desde a súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña».

A sentencia, da que se insiren o encabezamento e a resolución, foi lida e publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o tres de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

4514