Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.394

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (347/1996).

No procedemento de menor contía 347/1996 seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, por instancia de Amador Silva Costoya contra Rosa Pilar Bermejo Otero sobre menor contía, dictouse a sentencia, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintenove de setembro de mil novecentos noventa e sete. Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de cognición 347/1996, seguidos perante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Amador Silva Costoya co procurador Victorino Regueiro Muñoz, e doutra como demandada Rosa Pilar Bermejo Otero.

Resolvo que, considerando a demanda presentada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Amador Silva Costoya, contra Rosa Pilar Bermejo Otero, debo condenar e condeno a demandada a pagarlle ó demandante a cantidade de trece millóns trescentas seis mil duascentas once pesetas (13.306.211 ptas.), mailos xuros legais desde a interpelación xudicial, así como as custas procesuais, que expresamente se impoñen á demandada.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación neste xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E co fin de que lle sirva de notificación en forma á demandada, Rosa Pilar Bermejo Otero, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O/A secretario/a

Rubricado

7871