Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.389

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 8 de outubro de 1997 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública

de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (edificio de San Caetano, 2, 2º, Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que vimos de sinalar non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. A súa resolución farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos algún ou tódolos postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sexto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios conforme o disposto na disposición transitoria oitava punto 4º da Lei 30/1994, do 2 de agosto, que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó de cesamento, que deberá

producirse dentro dos tres días siguientes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Denominación do posto: xefe do Servicio de Promoción da Saúde.

Dependencia: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Localidade: Ourense.

Tipo de posto: S.

Grupo: A/B.

Nivel C.D.: 28.

Complemento específico: 1.376.844

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: secretario/a do director provincial.

Código do posto: SAS991000027001001

Dependencia: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: Lugo.

Tipo de posto: N.

Grupo: C/D.

Nivel C.D.: 16

Complemento específico: 491.748

Corpo/escala: xeral.

Formación específica: mecanografía.

7937