Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.389

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de outubro de 1997 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 11 de setembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 180, do 18).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 11 de setembro de 1997 (DOG nº 180, do 18), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6º da Lei 3/95, do 10 de abril; visto o Decreto 93/91, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-la funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento por tratarse de postos que están na mesma localidade, conforme o establecido no artigo 14 do D. 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos

sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Alvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Vidal Herrador, Mª del Mar.

NRP: 3264986057 A2060.

Grupo: A.

Denominación: xefe de Sección de Xestión de Reclamacións Económico-Administrativas.

Código do posto: EFC040000015770012.

Nivel: 25.

Complemento E.: 1.147.368.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Tributos.

Localidade: Santiago de Compostela.

97-8055