Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.392

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

ACORDO do 7 de outubro de 1997 polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, por acordo do 18 de xuño de 1997 (Diario Oficial de Galicia, nº 124 do 30 de xuño de 1997), a Comisión de Goberno desta institución, de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 9 da Lei 6/1985, do 24 de xuño,

ACORDA:

Primeiro.-Selecciona-la funcionaria que se sinala no anexo I deste acordo para o posto de traballo convocado, quedando condicionada a súa adxudicación á resolución de traslado a este Consello por parte do organismo correspondente da súa Administración de orixe.

Se no prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, a funcionaria non puidese incorporarse ó posto de traballo para o que foi seleccionada por non estar resolto o seu traslado ó Consello, considerarase deserta a praza correspondente, e poderá procederse de novo a súa provisión.

Segundo.-O cesamento no actual destino da funcionaria producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia ou, se é o caso, da data de resolución das situacións a que se refire o primeiro apartado deste acordo.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade, ou dun mes se está en localidade distinta, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo para a Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, fosen concedidos ó interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro dos prazos referidos, dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra este acordo cabe interpor recurso ordinario ante este Consello no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1997.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO I

NRP/DNI: 3244286724 A2051.

Grupo: B.

Apelidos e nome: García Ares, Mercedes.

Orixe:

Organismo: IGVS.

Localidade: Santiago de Compostela.

Destino:

Posto de traballo: xefe Sección Persoal e M.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

7846