Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da obra do proxecto de reforma de dúas naves xemelgas para grupos de touros, ampliación de parques exteriores en naves de touros e construcción dunha corentena no Centro de Sementais de Fontao (Lugo).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da execución da obra do proxecto de reforma de dúas naves xemelgas para

grupos de touros, ampliación de parques exteriores en naves de touros e construcción dunha corentena no Centro de Sementais de Fontao (Lugo), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Orzamento de licitación: quince millóns catrocentas noventa e oito mil setecentas setenta e unha pesetas (15.498.771 ptas.).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: non é necesaria.

Fianza provisional: trescentas nove mil novecentas setenta e cinco pesetas (309.975 ptas.).

Fianza definitiva: seiscentas dezanove mil novecentas cincuenta e unha pesetas (619.951 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio Técnico de Producción Animal (Instituto Láctero e Gandeiro de Galicia-ILGGA) da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 21 de novembro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 27 de novembro de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

97-7340