Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

Subministración consistente na adquisición de dous lotes de mobiliario e utensilios de oficina para escolas e centros de capacitación e extensión agraria:

Lote 1. Máquinas fotocopiadoras, aparellos audiovisuais, máquinas de escribir, telefax, videos-televisións, etc.

Empresa adxudicataria: Acsa Galicia, S. A.

Orzamento de adxudicación: 8.360.000 ptas.

Lote 2. Mobiliario diverso para oficinas e residencias de escolas, lencería, etc.

Empresa adxudicataria: Equipamentos Cavado, S. L.

Orzamento de adxudicación: 4.590.000 ptas.

Asistencia técnica consistente no seguimento dos ensaios estatísticos no centro de experimentación de agricultura intensiva baixo Miño de Entenza-Salceda de Caselas (Pontevedra) (IAS-407).

Empresa adxudicataria: Mª Clara Isabel Pousa Ortega.

Orzamento de adxudicación: 5.100.000 ptas.

Subministración consistente na ampliación da rede de comunicacións do servicio de defensa contra incendios forestais (0768).

Empresa adxudicataria: Vehículos, Equipamentos e Carrocerías Prieto Puga, S.L. (Veicar, S.L.).

Orzamento de adxudicación: 50.347.183 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

8093