Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de caza 96/0094 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e do seu regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971, corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados, que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 29 de setembro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-96/0094.

Denunciado: Javier Martínez Martínez.

DNI: 32.789.329

Último enderezo coñecido: Federico Tapia, 13-6º D, A Coruña.

Feito denunciado: non posuír permiso do couto e adestrar cans de caza en época de veda.

Tipificación. Infracción Lei de caza:

Artigo: 48.2.1

Cualificación: menos grave.

Artigo: 48.2

Cualificación: menos grave.

Artigo: 24

Sanción: 3.500 ptas. multa.

Expediente: C-96/0144.

Denunciado: José Pena Jove.

DNI: 76.405.835

Último enderezo coñecido: Churío-Irixoa.

Feito denunciado: carecer de licencia de caza e non impedir que os seus cans de caza vaguen sen control por TRCE, sen permiso.

Tipificación. Infracción Lei de caza:

Artigo: 48.2.1

Cualificación: menos grave.

Artigo: 48.2

Cualificación: menos grave.

Artigo: 24

Sanción: 3.500 ptas. multa.

Expediente: C-96/0191.

Denunciado: José Bermúdez Espiñeira.

DNI: 32.204.028

Último enderezo coñecido: Archer M. Huntington, 1, A Coruña.

Feito denunciado: portar munición non autorizada e cazar nun couto sen permiso.

Tipificación. Infracción Lei de caza:

Artigo: 46.2.i)

Cualificación: moi grave.

Artigo: 48.1.8

Cualificación: grave.

Sanción: 50.000 ptas. multa Inhab.; 2 anos.

97-7688