Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador de pesca fluvial 96/0362.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 29 de setembro de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: P-96/0362.

Denunciado: Orlando Blanco Armada.

DNI: 32.521.714

Último enderezo coñecido: Blanco Rajoy, 9-6º B, A Coruña.

Feitos denunciados: cortar ou destruír de xeito significativo a vexetación de ribeira.

Tipificación. Lei de pesca:

Artigo: 34.44

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta:

Multa: 50.001

Indemniz.: 9.975

Inhab.: 1 ano.

97-7689