Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as propostas de resolución formuladas pola instructora nos expedientes sancionadores de caza 96/0151 e 96/0170.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6 de abril), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30 de marzo, corrección erros nº 112, do 11 de maio), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados, que serán facilitados nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, A Coruña.

De non efectuaren o pagamento voluntario, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 29 de setembro de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de caza

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

C-96/0151Manuel Bocija Linares

32.778.055

As Táboas, Oza

Portar munición non autorizada para caza menor e cazar carecendo do seguro obrigatorio do cazador.46.2.i)

48.3.53

Moi grave

Leve

50.000 multa

Inhab. 2 anos

C-96/0170José M. Fuentes Fraga

32.804.029

Pza. Vigo, 3-2º D Carballo

Cazar nun couto sen permiso.48.1.8Grave5.000 multa

97-7687