Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncian modificacións nos estatutos da Federación de Asociaciones de Empresarios de Peluquería y Estética de Galicia (Fepega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, presentouse o día 8 de setembro de 1997 certificación do secretario da devandita federación, Antonio González Fernández, na que se recolle o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria, na reunión celebrada o 25 de xuño de 1997, e que se concreta na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Asinan a acta da asemblea xeral extraordinaria na que se recollen os acordos de modificación dos estatutos, Antonio González Fernández (secretario), co visto e prace do seu presidente Antonio Prieto Cabaleiro.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7860