En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e 24 do Real decreto 390/1996, de 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo).
c) Nº de expediente: LU-1/1997.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.
b) Descrición do obxecto: coidado, control, seguimento e información das zonas costeiras da costa lucense.
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 11-7-1997.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento de licitación:
Importe total: nove millóns oitocentas mil pesetas (9.800.000 ptas.) IVE incluído.
5. Adxudicación:
a) Data: 29 de xullo de 1997.
b) Contratista: Compañía especial de trabajos y servicios autónomos, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: nove millóns cincocentas vinteunha mil oitocentas vinte pesetas (9.521.820 ptas.), IVE incluído.
Celeiro-Viveiro, 16 de setembro de 1997.
Enrique J. Rodríguez González
Delegado territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)
7397