Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación para la Conservación del Poni Gallego (Acopoga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación para la Conservación del Poni Gallego (Acopoga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da devandita asociación tódolos criadores de raza de poni galego, interesados na súa conservación e mellora.

Asinan a acta de constitución: Segis García Iglesias e once persoas máis.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

P.S. (Orde 12-9-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións laborais

8054