Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.327

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (89/1989).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía número 89/1989, notifícaselles ós herdeiros e habentes-causa da falecida, Matilde Margherita Carmen Gilino Pedrussio, a sentencia dictada nestes, co encabezamento e parte dispositiva que seguen:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos co número 89/1989, entre partes, dunha como demandantes, José Loureira Domínguez, maior de idade, casado, veciño de Boiro, con domicilio en Cimadevila, s/n, que actúa no seu propio nome e en beneficio da sociedade de gananciais constituída coa súa muller Manuela Couceiro Rodríguez, José Bernal Cernadas, maior de idade, casado, industrial, veciño desta cidade, con domicilio en Fonte de Santo Antonio, nº 8-2, que actúa no seu propio nome e en beneficio da sociedade de gananciais constituída coa súa muller Ermitas López Verea, e Rosario Rodríguez Trigo, maior de idade, solteira, matrona, veciña desta cidade, con domicilio na rúa República do Salvador, nº 26-4º M, representados en autos polo procurador Belmonte Pose, e dirixidos polo letrado Martín Gómez, e doutra como demandados,

Julián Morenas Aydillo, maior de idade, casado, arquitecto, veciño desta cidade, con domicilio na rúa do Hórreo, 60; Daniel Noguera García, maior de idade, casado, arquitecto, veciño desta cidade, con domicilio en Montero Ríos, nº 23-2º B, representados en autos polo procurador Barreiro Fernández e dirixidos polo letrado Salgueiro Armada; Blanca e Matilde Margherita Gilino Pedrussio, maiores de idade, casada e solteira, sen profesión especial, veciñas desta cidade, con domicilio en Tras do Pilar, 10-1º Dta., representadas en autos polo procurador Caamaño Queijo, e dirixidas pola letrada Gude Sampedro; Antonio Tarrío García, maior de idade, casado, industrial, veciño desta cidade, con domicilio na Lavacolla, representado en autos polo procurador Esmorís Caramés, e dirixido polo letrado Maroño Barreiro; Elisa Paz Barreiro e Jorge Alberto Gilino Paz, viúva e fillo do demandado falecido durante a tramitación do procedemento; Modesto Gilino Pedrussio, representados en autos pola

procuradora Esperanza Álvarez e dirixidos polo letrado Domínguez Noya; Jesús Alonso Alonso, maior de idade, constructor, veciño desta cidade, con domicilio en Vista Alegre, nº 30-2º e José Carracedo Villaverde, maior de idade, constructor, veciño de Ames, con domicilio en San Mamede de Piñeiro,

estes últimos incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre responsabilidade por vicios na construcción.

Resolvo, que estimando en parte a demanda formulada polo procurador Belmonte Pose, en nome e representación de José Loureda Domínguez, José Bernal Cernadas e Rosario Rodríguez Trigo, actuando os dous primeiros en por si e en beneficio da sociedade de gananciais que forman cos seus homes, contra Modesto Gilino Pedrussio, hoxe por substitución procesual, Elisa Paz Barreiro e Jorge Alberto Gilino Paz, representados pola procuradora Esperanza Álvarez, Blanca e Matilde Margherita Gilino Pedrussio, comparecidas baixo a representación do procurador Caamaño Queijo, Antonio Tarrío García, representado polo procurador Esmorís Caramés, Julián Morenas Aydillo e Daniel Noguera García, representados polo procurador Barreiro Fernández, Jesús Alonso Alonso e José Carracedo Villaverde, estes últimos incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno solidariamente os demandados a que efectúen no inmoble litixioso, sito no camiño da Residencia, s/n, fronte ou paralelo ó Paseo

da Alameda ou Ferradura desta cidade, as obras de reparación que se determinan no dictame pericial emitido polo arquitecto Jesús Conde García que consta no folio 190 dos autos, mediante a solución técnica que garanta a emenda das filtracións que afectan o citado edificio e vivendas dos demandantes, consistentes na impermeabilización e illamento das terrazas, selado das xuntas de carpintería exterior e vernizado desta tanto interior como exteriormente, reparación dos paramentos interiores, renovación da pintura de teitos e paredes, e substitución do parqué, o que se levará ó efecto en fase de execución de sentencia. Todo isto sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que, contra esta, cabe recurso de apelación dentro dos cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós herdeiros e habentes-causa da falecida, Matilde Margherita Carmen Gilino Pedrussio, declarados en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o vintedous de novembro de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8053