Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anula a licitación da obra RC-OUR-97.13.

Observado erro na tramitación do expediente de contratación da obra: construcción de muro en Sta. Cristina, Ribadavia, clave RC-OUR-97.13, anunciada a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, por resolución da Delegación Provincial de Ourense, do 22 de setembro de 1997 (DOG número 189, do 1 de outubro de 1997), e tendo en conta o establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resolvo anula-lo expediente de contratación da devandita obra.

Ourense, 15 de outubro de 1997.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

Jose Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

7772