Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.311

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Envases Carnaudmetalbox, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Envases Carnaudmetalbox, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-7-1997,

subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 21-7-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de agosto de 1997.

F. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo para 1997/1998 de Envases

Carnaudmetalbox, S.A., fábrica de Vigo

Capítulo I

Consideracións xerais

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio afectará a todo o persoal que preste os seus servicios no centro de traballo Envases Carnaudmetalbox, S.A., sito en Baixada da Gándara, nº 32, Coruxo, Vigo.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha duración de dous anos.

Logo do cumprimento dos requisitos legais que establezan as leis ó respecto, o presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1997 e durará ata o 31 de decembro de 1998.

Considerarase prorrogado por un período dun ano máis, se non é denunciado legalmente por calquera das partes antes da data do seu vencemento. Non obstante, subsistirá o seu contido normativo e económico ata a entrada en vigor do novo convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Normas supletorias. Preeminencias.

Serano o Estatuto dos traballadores, a ordenanza laboral da industria metalgráfica ou acordo sectorial que a substitúa e os regulamentos de réxime interior deste centro de traballo.

O pactado neste convenio é preeminente sobre a ordenanza. Se a lexislación supera en algo o convenio,

haberá que aterse ó disposto na lexislación. O contido deste convenio establece un mínimo obrigatorio das condicións aquí pactadas.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións superiores pactadas e os dereitos adquiridos tanto colectivos como individuais que se teñan establecidos neste centro de traballo, así como as condicións máis beneficiosas de todo persoal ó que lle afecte o presente convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria de aplicación, arbitraxe e interpretación.

En cumprimento da lexislación vixente ó respecto, créase unha comisión paritaria, integrada por 5 representantes legais dos traballadores e igual número de persoas por parte da empresa Envases Carnaudmetalbox, S.A. Cada parte nomea un secretario-portavoz. A convocatoria das reunións corresponderalles ós secretarios por instancia de parte, e nun prazo non superior a 10 días.

O cometido da citada comisión paritaria consistirá en informar e asesora-las partes interesadas sobre a interpretación e aplicación das cláusulas e preceptos deste convenio, así como das incidencias que puidesen producirse con relación a el. Na falta de acordo, sometarase a cuestión consultada á autoridade competente.

Para que os acordos da comisión paritaria sexan válidos, requirirase o acordo do 80% dos membros que a compoñen.

As funcións da comisión paritaria interpretativa serán as seguintes:

1. Interpretación da totalidade das cláusulas do convenio.

2. Arbitraxe da totalidade dos problemas que se deriven da súa aplicación.

3. Vixilancia do cumprimento do pactado.

4. Outras actividades que tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Artigo 6º.-Comisión negociadora.

Discutiron, pactaron e asinaron o presente convenio colectivo as seguintes partes:

Pola económica, a representación da dirección da empresa, formada polas seguintes persoas:

Camilo Gómez Macías.

Jesús Millán Montiel Gonzalo.

Eduardo Caso Gómez.

Antonio Vidal Pérez.

Pola social, en representación dos traballadores, os delegados sindicais:

Enrique Alonso Acuña (CC.OO.).

Luis Fernández Fernández (CIG).

Ramón Sangiao Costas (UGT).

E os membros do comité de empresa:

Eloy Alonso Misa.

Elena Rodríguez Giráldez.

Pilar Alonso Alonso.

Emilio Pérez Pérez.

José R. González Bosco.

Gonzalo Riveiro Lojo.

Ángel Rodríguez Viéitez.

Benjamín Vázquez Sío.

Bernardino Muñiz Domínguez.

Mª José Rodríguez Goberna.

Carmen Prado López.

Juan Iglesias Carreira.

Francisco Lago Tizón.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 7º.-Incremento salarial.

O incremento salarial para 1997 será do 3% sobre os valores vixentes o 31 de decembro de 1996, en tódolos conceptos retributivos do convenio. Se o IPC real do dito ano supera o 2,6% (IPC oficial previsto), revisarase o incremento na porcentaxe en que sexa superado o IPC previsto. A diferencia aboarase nunha soa paga que se fará efectiva no mes de febreiro de 1998. Esta cláusula será de aplicación ós conceptos: salario base (coa súa repercusión na antigüidade e o PAP), mellora voluntaria, pagas extraordinarias, plus de nocturnidade, plus de tarde, plus de socorristas, axuda a estudios, axuda a diminuídos, bolsas para estudios e fondo social.

O incremento salarial para 1998 será do 2,5% sobre os valores vixentes o 31 de decembro de 1997, en tódolos conceptos retributivos do convenio. Se o IPC real do dito ano supera o 2,2% (IPC oficial previsto), revisarase o incremento na porcentaxe en que sexa superado o IPC previsto. A diferencia aboarase nunha soa paga que se fará efectiva no mes de febreiro de 1999. Esta cláusula será de aplicación ós conceptos: salario base (coa súa repercusión na antigüidade e o PAP), mellora voluntaria, pagas extraordinarias, plus de nocturnidade, plus de tarde, plus de socorristas, axuda a estudios, axuda a diminuídos, bolsas para estudios e fondo social.

Artigo 8º.-Salario base.

Establécese como salario base para cada categoría profesional o especificado nas táboas que figuran nos anexos I (1997) e II (1998).

Artigo 9º.-Antigüidade.

A antigüidade comezará a percibirse a partir do terceiro ano, a razón do 3% sobre o salario base de cada categoría. Anualmente incrementarase nun 1% ata o límite máximo do 30%.

Segundo establece o artigo 38 do Regulamento de réxime interior, xunto coa paga extraordinaria de Nadal, aboaranse, a partir do quinto ano de antigüidade, dous días de salario, incrementándose en dous máis cada tres anos ata o límite máximo de 10 días.

Artigo 10º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Envases Carnaudmetalbox, S.A. aboaralle ó seu persoal un plus de asistencia e puntualidade equivalente ó 10% do salario base máis a antigüidade de cada categoría profesional.

Este plus computarase por períodos semanais.

A primeira falta de puntualidade non suporá a perda do plus; a segunda falta dentro da semana suporá

a perda do plus do día; a partir da terceira falta de puntualidade na semana perderase o plus de toda ela.

Esta normativa só poderá ser aplicada dúas veces ó mes.

Os esquecementos de fichar no reloxo de control non serán considerados para efectos de descontos, cando o xefe respectivo, mediante a súa sinatura nos impresos confeccionados para este fin, xustifique que o productor estaba no seu posto de traballo ó inicio ou ó remate da xornada laboral.

Artigo 11º.-Mellora voluntaria.

As melloras voluntarias para 1997 serán as resultantes de incrementar nun 3% as existentes o 31 de decembro de 1996. Rexerán os valores que figuran na táboa do anexo III.

As melloras voluntarias para 1998 serán as resultantes de incrementar nun 2,5% as existentes o 31 de decembro de 1997. Rexerán os valores que figuran na táboa do anexo IV.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

a) Aboaranse 3 pagas extraordinarias: marzo, xuño e decembro.

b) O importe da paga de marzo para 1997 será de 121.651 ptas., para tódalas categorías. Para o ano 1998 será de 124.693 ptas.

c) O importe de cada unha das pagas de xuño e decembro será o equivalente a 30 días de salario real (base+antigüidade+PAP+mellora voluntaria).

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

1. Non se poderán facer horas extraordinarias fóra do límite máximo previsto no Estatuto dos traballadores. A empresa informará mensualmente o comité do número de horas extraordinarias realizadas no mes precedente.

2. As fórmulas de compensación aplicables ás horas extraordinarias serán as seguintes:

a) Poderanse pagar ata 40 horas por persoa e ano, ós valores que figuran no anexo V.

b) Unha reducción de xornada en épocas de baixa demanda de traballo, equivalente ó tempo traballado como extraordinario, máis unha compensación económica por hora realizada da metade do valor para a súa categoría segundo táboa do anexo V.

c) Unha reducción da súa xornada de traballo en épocas de baixa demanda equivalente ó dobre do tempo traballado como extraordinario.

O máximo de horas extras pagadas, sumando as que se aboen segundo a modalidade a) e as que se aboen segundo a modalidade b), non poderá supera-lo máximo previsto pola lei, é dicir, 80 por persoa e ano.

3. O valor da hora extra será o que resulte de aplica-la seguinte fórmula de cálculo:

H= salario díax(365+30+30)x1,75

xornada anual

Sendo:

H= valor da hora extra normal para cada categoría.

Salario día = resultado de sumar:

-Salario base da categoría.

-Antigüidade media de todo o persoal.

-PAP correspondente.

-Mellora voluntaria media por categoría.

Xornada anual = a que se fixe no calendario laboral de cada ano.

A antigüidade media de todo o persoal en 1997 é de 23 anos e a xornada anual de 1.712 horas.

O valor da hora extra nocturna será de 1,25 h.

O valor da hora extra festiva será de 1,40 h.

Non obstante o expresado nos parágrafos anteriores, o valor das horas extras por categoría para 1997 será o que aparece no anexo V, e para 1998 os que figuran no anexo VI.

4. Durante o período de inactividade do persoal fixo descontinuo, non se realizarán horas extraordinarias de ningunha índole, agás aquelas de forza maior ou estructurais, substituíndose por descanso segundo o convenio colectivo vixente.

Artigo 14º.-Nocturnidade.

O complemento de nocturnidade para o persoal que preste os seus servicios na quenda de noite será, para 1997, de 274,85 ptas. por hora traballada, para tódalas categorías. O valor para 1998 será de 281,72 ptas.

Quedan excluídos deste artigo aqueles traballadores contratados ou trasladados doutros departamentos da fábrica, para cometidos específicos durante a noite (vixilancia, porteiros, serenos).

Todo traballador que sexa designado no taboleiro de anuncios para traballar na quenda de noite e sexa pasado ás quendas de día a petición da empresa, percibirá o plus de nocturnidade de toda a semana.

Artigo 15º.-Plus de distancia.

Os traballadores acollidos ó presente convenio terán dereito a un plus por día de asistencia do valor que teña o billete normal do transporte público urbano, sempre que a súa residencia estea situada fóra dun radio de 2 km tomando como referencia este centro de traballo.

O traballador ó ser admitido na empresa sinalará e xustificará o lugar da súa residencia.

Artigo 16º.-Plus de quenda de tarde.

Os traballadores acollidos ó presente convenio que traballen na quenda de tarde percibirán por día traballado un plus de 31 ptas. en 1997 e 32 ptas. en 1998.

Os artigos 15º e 16º, que aparecen no presente convenio colectivo, xa viñan sendo aplicados por figuraren no Regulamento de réxime interior.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

Nos desprazamentos e estadas motivados por viaxes oficiais autorizados pola empresa, as axudas de custo que se van devengar serán, para 1997:

-Axuda de custo completa (comida e cea): 6.415 ptas./día, aplicable desde o 1 de abril.

-Media axuda de custo (comida ou cea): 3.560 ptas./día, aplicable desde o 1 de abril.

-Almorzo: 687 ptas./día, aplicable desde o 1 de abril.

-Compensación por quilómetro: 43 ptas. desde o 1 de abril ó 30 de xuño e 44 ptas. desde o 1 de xullo.

Os gastos de transporte e aloxamento serán por conta da empresa.

Nos desprazamentos e estadías en países estranxeiros, as axudas de custo incrementaranse como mínimo nun 25%, exceptuando Portugal, onde terán o mesmo valor que para España.

Logo de llo comunicar ó departamento de persoal, a empresa asegurará ós traballadores que realicen estes desprazamentos e polo tempo que estes duren, mediante un seguro complementario de accidente nas seguintes contías:

Morte: 8 millóns de ptas.

Invalidez permanente absoluta: 16 millóns de ptas.

Para 1998 aplicaranse os acordos que se pacten entre empresa e comité intercentros.

Artigo 18º.-Socorristas.

Os socorristas percibirán por día de presencia a cantidade de 260 ptas. en 1997 e 266 en 1998, cando na súa quenda de traballo non haxa persoal do servicio médico ou en caso de ausencia deste.

Os socorristas serán substituídos nos seguintes supostos:

a) Temporalmente, en caso de ILT, sendo automaticamente substituídos por un suplente, a ser posible da mesma sección.

b) Definitivamente, en caso de probada ineptitude.

Artigo 19º.-Axuda a estudios.

Aboaráselle a cada traballador con fillos de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos a cantidade mensual de 2.230 ptas./fillo en 1997 e 2.286 ptas./fillo en 1998.

Comprende 12 meses do ano. A correspondente ó mes de xullo pagarase xunto á de agosto.

Aboarase así mesmo unha axuda para estudios posteriores, equivalente ó 40% do importe da matrícula estatal, logo de xustificación.

Para renovar estas axudas, ten que se acredita-lo aproveitamento nas materias obxecto de axuda, no curso anterior, xa sexa na convocatoria de xuño e/ou setembro.

Artigo 20º.-Axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

a) Os traballadores beneficiarios da prestación por diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais da Seguridade Social percibirán por parte da empresa unha axuda económica por beneficiario de 18.699 ptas./mes en 1997 e 19.166 ptas./mes en 1998. Esta axuda é independente de calquera outra que percibise por dereito.

b) Os casos especiais que poidan presentarse serán estudiados de forma individual entre comité e empresa.

Artigo 21º.-Bolsas para estudios.

Para o persoal fixo do cadro de persoal que curse estudios de materias que teñan relación coa actividade da empresa, como enxeñería técnica industrial, formación profesional grao 1 e 2 nas ramas de matricería e moldes, máquinas ferramenta, electricidade e electrónica, informática, económicas, empresariais, enxeñería superior, a empresa concederá, logo de autorizacion da dirección, bolsas de estudios consistentes no aboamento do 75% do importe da matrícula e unha bolsa de estudios que para 1997 será de ata 19.870 ptas./ano e en 1998 de ata 20.366 ptas./ano.

Para ter dereito a estas bolsas, xuntaráselle á solicitude o xustificante de matrícula con indicación das disciplinas matriculadas. Para renovar estas bolsas, o interesado deberá acredita-lo aproveitamento nas materias obxecto de axuda no curso anterior, nas convocatorias de exame de xuño e/ou setembro.

A empresa adaptará o horario do traballador ó dos seus estudios, dentro das posibilidades existentes.

Artigo 22º.-Incapacidade laboral transitoria.

A empresa aboará a diferencia entre a prestación pagada pola Mutua Patronal de Accidentes de Traballo e o salario do traballador, cando a situación de ILT fose motivada por accidente de traballo. En caso de hospitalización por enfermidade común debidamente xustificada e mentres a dita hospitalización dure, aboarase a diferencia entre o salario do traballador e a prestación aboada pola Seguridade Social.

Os traballadores que, como consecuencia dun accidente de traballo ou enfermidade profesional, vexan diminuídas as súas facultades físicas ou intelectuais, terán preferencia para ocupar aqueles postos xa existentes acordes á súa categoría, máis adecuados á súa situación sobrevida, sempre e cando estean capacitados para iso.

Os casos deste tipo que se presenten serán tratados polo comité de seguridade e saúde á vista dos informes técnicos pertinentes.

Capítulo III

Xornada laboral, vacacións e permisos

Artigo 23º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo distribuídas en xornadas diarias de 8 horas de luns a venres.

Con obxecto de que o cambio de xornada semanal realizado en 1995 de 38,33 a 40 horas e da xornada diaria de 7,666 a 8 non supoña incremento da xornada laboral considerada en cómputo anual, desfrutaranse doce días laborais de luns a venres, que serán fixados no calendario laboral correspondente, desfrutándose preferentemente as pontes naturais e o resto en épocas de baixa demanda de traballo.

A xornada anual para 1997 será de 1.712 horas. A que corresponde a 1998 determinarase na negociación do calendario laboral para o dito ano.

Durante a vixencia do presente convenio, as paradas para toma-lo bocadillo non se computarán como traballo efectivo.

Artigo 24º.-Vacacións.

1. Os traballadores acollidos ó presente convenio desfrutarán 24 días laborables de vacacións anuais retribuídas, de luns a venres. Estas vacacións desfrutaranse segundo calendario laboral acordado polos representantes dos traballadores e a empresa.

Estas vacacións tomaranse en función do calendario laboral pactado, distribuídas no período xullo-agosto a razón de 15 días laborables ininterrompidos.

2. As vacacións interromperanse cando o traballador contraia matrimonio durante elas, sempre que con anterioridade ó seu comezo, llo comunique á empresa.

Tamén se interromperán por situación de ILT segundo as seguintes regras:

a) Ata 6 meses en ILT, terase dereito ó total dos días de vacacións pendentes.

b) Máis de 6 meses en ILT, terase dereito á parte proporcional dos días pendentes.

3. As vacacións teñen que desfrutarse dentro do ano ó que corresponden e soamente as que non se tomen por causa de accidente de traballo que pertenzan ó mes de decembro poderán desfrutarse en xaneiro do ano seguinte.

4. As vacacións aboaranse segundo a lexislación vixente (salario base, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade, mellora voluntaria e a media dos plus existentes no período transcorrido desde as últimas vacacións).

Artigo 25º.-Permisos retribuídos.

Percibirase a totalidade dos emolumentos nos seguintes supostos:

1. Falecementos.

1.1. Tres días, dos cales polo menos dous serán laborais, en caso de falecemento de pais, fillos, cónxuxe, irmáns, netos ou avós, que poderán ampliarse en tres máis (naturais), cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación.

Cando por circunstancias anormais fose necesario, concederase un día máis, logo de xustificación, en caso de falecemento de pais, fillos ou cónxuxe. Para irmáns, netos ou avós, este día concederase cando formen parte da unidade familiar.

1.2. Dous días naturais en caso de falecemento de tíos e sobriños consanguíneos. En caso de afinidade, terán dereito ó tempo necesario para acudir ó sepelio, logo de notificación e xustificación.

En caso de falecemento de primos, non se terá dereito a permiso retribuído, aínda cando figure no Regulamento de réxime interno.

2. Maternidade.

2.1. Tres días, dos cales polo menos dous serán laborables, por parto da esposa ou nacemento ou adopción de fillos, que poderán ampliarse en tres máis (naturais), cando o traballador necesite realizar un

desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación telefónica e posterior conformación co libro de familia.

Cando por circunstancias anormais fose necesario, concederase un día máis, logo de notificación e xustificación.

3. Enfermidade grave de parentes.

3.1. Tres días laborables en caso de enfermidade grave de pais, fillos ou cónxuxe.

3.2. Dous días naturais en caso de enfermidade grave de irmáns, netos ou avós, que poderán ampliarse nun día máis se conviven na unidade familiar.

Os permisos correspondentes ós apartados 3.1 e 3.2 poderán ampliarse en tres días naturais, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación.

3.3. Un día natural en caso de enfermidade grave de tíos consanguíneos.

4. Matrimonio do empregado.

4.1. Dezasete días naturais, que poden ser ampliados en 10 máis, non retribuídos, en caso de que fosen solicitados con anterioridade á data da voda.

4.2. Un día natural por matrimonio de fillos, irmáns ou pais.

5. Asistencia a consulta médica.

O tempo necesario, sempre que sexa xustificado coa sinatura e selo do médico ó que asiste.

6. Lactación.

Os traballadores con fillos lactantes terán dereito a unha pausa no seu traballo dunha hora por fillo menor de nove meses derivado de parto ou adopción múltiple e nos termos establecidos no artigo 37.4º do R.D.L. 1/1995, que poderán dividir en dúas fraccións. O traballador, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora, coa mesma finalidade, durante seis meses.

7. Deberes públicos.

O tempo necesario, no caso de obrigas legais ou decretadas por autoridades lexítimas, cando o traballador teña que acudir a cumprir un deber público inescusable imposto pola lei ou disposicións administrativas, mediante xustificación.

8. Traslado do domicilio habitual.

Un día.

Os parentescos citados en tódolos apartados 1.1, 3.1, 3.2 e 4.2 entenderanse tanto no grao de consanguinidade como de afinidade.

As normas de aplicación destes permisos figuran no anexo VII.

Artigo 26º.-Permisos non retribuídos.

En casos extraordinarios debidamente acreditados, outorgaranse permisos con carácter voluntario por parte da empresa, polo tempo que sexa preciso, atendendo ás circunstancias e sen dereito a ningunha retribución.

En caso de excedencia por maternidade aplicarase a lexislación vixente.

En caso de enfermidade grave de pais, fillos ou cónxuxe, a empresa concederá un permiso dun mes como máximo sen dereito a retribución. O traballador deberao solicitar por escrito dirixido ó departamento de persoal expondo os motivos e xuntando a xustificación correspondente.

Poderanse tamén solicitar excedencias por períodos de tres meses prorrogables por outros tres, polos motivos expostos no parágrafo anterior, seguindo o mesmo procedemento. Neste caso, a reincorporación deberase solicitar por escrito cando non se esgote o tempo solicitado.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 27º.-Contratos de traballo.

a) A empresa contratará un número de aprendices equivalente ó 5% do seu cadro de persoal de oficio, de acordo co artigo 36 da ordenanza laboral da industria metalgráfica.

b) Cando existan vacantes e sexa necesario cubrilas, terán preferencia, en igualdade de capacitación, os fillos ou familiares dos traballadores da empresa.

c) En caso de contratación de persoal eventual, seguiranse os criterios de selección que sexan fixados con anterioridade entre o comité e a empresa.

d) En caso de contratación de persoal fixo, terán preferencia, en igualdade de capacitación, os fillos de traballadores falecidos durante a vixencia do seu contrato coa empresa.

e) Non se admitirán xubilados, retirados nin persoal que perciba calquera remuneración por outra actividade laboral.

f) O comité terá accesos ás probas de aptitude para a contratación de persoal cualificado, así como ás cualificacións obtidas polos opositores, sempre que as probas se realicen na empresa. Así mesmo, recibirá copia básica de tódolos contratos que se celebren, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro de 1991.

g) Se por calquera circunstancia fose necesario persoal eventual, contratarase un número de diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, equivalente ó 2% do cadro de persoal, sempre e cando se adapten ó tipo de traballo.

h) Non obstante o reflectido nos apartados f) e g), terán preferencia os acordos ó respecto entre goberno, patronal e sindicatos.

i) Creación dunha comisión de clasificación de postos de traballo.

Artigo 28º.-Vacantes e revisións de categorías.

1. Suprímense as categorías de peón e traballos secundarios para o persoal do cadro de persoal fixo da empresa, quedando só para o persoal eventual.

2. Vacantes.

a) Os postos vacantes de superior categoría que se produzan na fábrica serán ocupados de maneira pre

ferente por persoal do seu cadro. Cando se trate de vacantes de igual ou inferior categoría, o comité será debidamente informado.

b) A convocatoria para cubrir estes postos será feita pública no taboleiro de anuncios da empresa.

Artigo 29º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles ós traballadores fixos ou eventuais a roupa necesaria para o exercicio do seu labor e cometido. A entrega non poderá ser inferior a dous equipos cada 12 meses.

Equipo de verán (entrega no mes de marzo): estará formado por pantalón e camisa ou bata.

Equipo de inverno (entrega no mes de setembro): estará formado por pantalón, camisa e cazadora ou bata.

Para a roupa de protección necesaria, atenderase ó que determine en cada caso o comité de seguridade e saúde da fábrica.

Artigo 30º.-Formación técnico-profesional.

a) A empresa promocionará a formación continua entre os seus traballadores conforme os acordos subscritos polos sindicatos e os empresarios (FORCEM).

Cada traballador que asista a un curso de formación fóra da súa xornada laboral percibirá unha compensación de mil (1.000) ptas. por cada hora lectiva máis duascentas (200) ptas. por día para cubrir gastos de desprazamento.

Os monitores percibirán setecentas (700) ptas. por hora lectiva, se o curso se imparte dentro da súa xornada laboral, e o equivalente ó valor da hora extra para a súa categoría en caso de que se fixese fóra de tal xornada.

b) Igualmente, a empresa facilitará, tendo en conta tanto os obxectivos de formación en materia de seguridade e hixiene, como as súas necesidades de traballo noutras prioridades, a asistencia ós cursos que sobre seguridade e hixiene ou outras materias preventivas poida convoca-lo ente autonómico. Nestes casos serán de aplicación as condicións establecidas no artigo 17º (axudas de custo).

As partes asinantes do presente convenio adhírense ó acordo nacional sobre formación continua, do 16 de decembro de 1992.

Capítulo V

Aspectos sociais

Artigo 31º.-Fondo social.

A aportación económica da empresa ó fondo de asistencia social será:

1. Unha cantidade fixa por traballador e ano de 2.190 ptas. para 1997 e 2.245 para 1998.

2. Unha aportación mensual equivalente ó importe da suma das cotas que aboan actualmente os traballadores socios ó citado fondo. Calquera incremento na cota non terá, para estes efectos, carácter vinculante pola empresa durante a vixencia deste convenio.

Así mesmo, a empresa entregaralle, ó remata-lo ano, ó fondo social o importe dos descontos que se realicen por aplicación do PAP.

Artigo 32º.-Seguro de vida.

Manteranse as condicións actuais do seguro de vida.

a) Por falecemento ou incapacidade permanente: un millón duascentas cincuenta mil (1.250.000) ptas.

b) Por falecemento en accidente laboral: dous millóns cincocentas mil (2.500.000) ptas.

c) Se, transcorrido o prazo dun mes desde a data en que o empregado ou os seus beneficiarios concluísen o envío da documentación necesaria para a tramitación da prestación ante a compañía de seguros, esta non formalizase o pagamento, e non concorrendo ningunha das causas de exclusión mencionadas na póliza, a empresa anticiparalle ó empregado ou ós seus beneficiarios o importe da prestación, coas seguintes condicións:

-Que quedase suficientemente acreditado o envío da mencionada documentación, ben porque se realizase a través da empresa ou ben mediante acreditación documental suficiente da data de envío á compañía de seguros (xustificante de recepción, certificación, etc.) realizada directamente polo empregado ou os seus beneficiarios.

-Que os interesados (empregado ou beneficiarios) se comprometan a reintegra-la cantidade anticipada así que reciban o importe da prestación obxecto do anticipo, por calquera vía.

-Que os interesados (empregado ou beneficiarios) faculten a empresa mediante poder suficiente para que en caso de necesidade de reclamar perante a xurisdicción competente o pagamento da mencionada prestación, poidan nomearse avogados e procuradores que representen os intereses de ambos perante os tribunais. Neste caso, os gastos derivados da dita reclamación será a cargo da empresa.

-Elaboraranse modelos de recibo e apoderamento para facilita-la aplicación do pactado no presente artigo, así como relación de documentación preceptiva en cada caso.

Artigo 33º.-Servicio militar e obxección de conciencia.

Durante o período do servicio militar e/ou no seu lugar o correspondente por obxector de conciencia, o traballador percibirá as pagas extraordinarias previstas neste convenio colectivo.

O traballador casado e con fillos ó seu cargo percibirá o 25% do seu salario real (base+PAP+mellora voluntaria), sempre que estea incorporado a filas ou tempo equivalente no caso de obxección de conciencia. Este artigo afectará soamente ó persoal fixo do cadro de persoal.

Artigo 34º.-Servicio médico.

O servicio médico da empresa contará cun médico e un ATS titulados.

Os socorristas prestarán os seus servicios en caso de enfermidade ou ausencia do ATS e se esta ausencia

fose prolongada a empresa comprométese a substituílo por instancia do responsable do servicio médico.

A empresa garantiralle ó persoal do seu cadro de persoal unha revisión médica anual de acordo coa normativa vixente sobre seguridade e hixiene no traballo, que constará de análise de sangue e ouriños, revisión polo médico da empresa e audiometría.

A empresa comprométese a amplia-la revisión médica no que sexa posible.

Artigo 35º.-Xubilacións.

Ás persoas que pidan xubilación voluntaria entre os 60 e 63 anos, a empresa comprométese a lles entregar unha indemnización no momento do cesamento, equivalente á diferencia entre o soldo bruto que estivesen percibindo (base+antigüidade+PAP+mellora voluntaria) e a cantidade que en concepto de xubilación lles fose asignada pola Seguridade Social. Esta diferencia mensual multiplicarase polo número de mensualidades que faltasen ata cumpri-lo xubilado os 65 anos.

Aqueles traballadores que teñan entre 58 e 60 poderán acollerse ás condicións arriba mencionadas, pero considerados como se tivesen 60 anos.

As persoas que se xubilen ós 63 ou 64 anos a empresa comprométese a lles entregar unha indemnización equivalente á diferencia entre o soldo bruto no momento do seu cesamento (base+antigüidade+PAP+mellora voluntaria) e o importe da indemnización que puidese corresponderlles logo dos trámites legais.

Tódalas persoas ás que puidese interesárlle-la xubilación anticipada, poderán elixir entre o anterior ou ben recibir un premio fixo das seguintes contías:

-De 58 a 61 anos: 1.100.000 ptas.

-De 61 a 63 anos: 700.000 ptas.

-De 63 a 64 anos: 600.000 ptas.

-De 64 anos: 500.000 ptas.

O contido do presente artigo queda sen aplicación ata o convenio do ano 2000, segundo acordo do expediente homologado por resolución da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, do 5 de xullo de 1994.

Artigo 35º bis.-Traslados.

Haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente (Estatuto dos traballadores) e ó que se acorde co comité intercentros aplicable ó conxunto de centros de traballo.

Artigo 36º.-Traballos nocivos, molestos e perigosos (ruídos).

Durante o presente convenio destinaranse, para diminuí-lo nivel de ruídos na fábrica (non entran nesta cantidade os gastos destinados a proteccións auditivas persoais nin cabinas para maquinaria de nova instalación), a cantidade de catro millóns cento setenta mil novecentas (4.170.900) ptas. para 1997. En 1998 esta cantidade será de catro millóns duascentas setenta e cinco mil cento setenta e dúas pesetas (4.275.172).

A empresa e o comité controlarán os investimentos destas partidas.

Capítulo VI

Cuestións sindicais

Artigo 37º.-Dereito de reunión dos traballadores fóra das horas de traballo.

Os traballadores poderán solicitar da dirección reunirse nun local da empresa, sempre que o pida un 25% do cadro de persoal.

Artigo 38º.-Competencias do comité de empresa.

a) Recibir información, que lle será facilitada polo menos trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence Envases Carnaudmetalbox, S.A.

Coñece-lo orzamento por partidas que anualmente confecciona a empresa.

Ó comité e delegados dos traballadores da empresa daráselles en cada reunión mensual ordinaria coa dirección información sobre producción e productividade, vendas, stoks, contratación de persoal, investimentos, absentismo, ascensos e sancións sobre faltas graves e moi graves (neste caso a información darase con dous días de antelación como mínimo á data da súa aplicación).

b) Recoñécense os comités e delegados do persoal como representacións colectivas dos traballadores na negociación dos convenios colectivos de empresa.

c) A empresa entregará mensualmente copia dos TC2.

d) Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e os demais documentos que se lles dean ós accionistas e nas mesmas condicións ca estes.

e) Coñece-los modelos de contrato escrito que se utilizan na empresa e recibir da dirección fotocopia dos contratos de traballo que se efectúen, segundo a lexislación vixente.

f) Controlar e vixia-las condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

g) Dispoñer de 40 horas retribuídas ó mes para o desempeño da súa función sindical.

h) Os comités que o crean conveniente poderán acumula-las horas previstas para o desenvolvemento das súas funcións sindicais nun ou varios compoñentes, sen exceder do máximo total previsto.

i) Coñece-las probas de aptitude para ascensos, así como as cualificacións obtidas polos opositores.

j) En caso de mobilidade do persoal, informarase o comité con antelación suficiente.

k) Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados coma ós representantes dos traballadores da empresa.

Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extinto, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe

motivado sobre a decisión empresarial e a causa extinta alegada no prazo de quince días.

Dos informes ós que se fai referencia no parágrafo anterior daráselle traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que, transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, se desiste de tal dereito.

O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

1) En caso de faltas graves ou moi graves seguirase este procedemento:

1. Notificación escrita dirixida ó interesado, dos feitos que se lle imputan, dándolle un período de cinco días laborables para que poida presenta-las alegacións que considere oportunas.

2. Información ó comité de empresa e ó delegado sindical correspondente na mesma data, mediante copia do escrito entregado ó interesado, os cales poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas.

3. Transcorrido o prazo de cinco días que aparece no punto 1, o departamento de persoal, á vista dos informes recibidos das partes, procederá a decidir sobre o caso.

4. A decisión será comunicada ó interesado mediante escrito do que se entregará copia ó comité de empresa e ó delegado sindical correspondente.

Artigo 39º.-Cota sindical.

A requirimento dos traballadores afiliados a centrais sindicais, a empresa descontará na súa nómina mensual o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización desta operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde do desconto, a central sindical á que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteriores detraccións, agás indicación en contrario.

Artigo 40º.-Taboleiros de anuncios.

A empresa poñerá á disposición do comité e en lugar ben visible, polo menos un taboleiro de anuncios, no cal o comité colocará os escritos que atope de interese, asinados e baixo a súa responsabilidade.

Artigo 41º.-Comité intercentros.

Constitúese un comité intercentros que representará os traballadores de tódolos centros de traballo do sector metalgráfico do grupo Carnaudmetalbox, existentes actualmente en España e os que se creen ou adquiran no futuro. O dito comité intercentros estará constituído como máximo por 15 membros elixidos de entre e polos membros dos comités de empresa existentes nos centros de traballo, gardando a proporcionalidade dos resultados obtidos polos sindicatos nas eleccións sindicais considerados globalmente e garantindo a presencia de tódalas empresas e centros de traballo existentes.

O comité intercentros dotarase dos órganos necesarios para o seu funcionamento debendo contar como mínimo cun presidente e un secretario, elixido de

entre os seus membros. Así mesmo dotarase dun regulamento de funcionamento na súa primeira reunión que deberá desenvolver todo o referente á composición, organización, funcións, reunións e relacións del, debendo negociarse previamente coa dirección xeral do grupo aqueles aspectos que os afecten.

Constituirase un pleno que integrará os compoñentes do comité intercentros, así como unha comisión de xestión cun máximo de cinco membros (incluíndo o presidente e o secretario).

O dito comité intercentros terá análogas funcións e competencias ás dos comités de empresa, referidas ás actividades xerais do grupo. Terá capacidade como órgano colexiado para exerce-las súas accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

Dentro das competencias do comité intercentros estará:

-Recibir información que lle será facilitada trimestralmente polo menos dentro da reunión do pleno, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence o grupo de empresas, sobre a situación da producción e vendas das distintas empresas do grupo, sobre os seus programas de producción e evolución probable das empresas do grupo.

-Coñece-los balances, as contas de resultados, a memoria do grupo consolidada, así como os demais documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións ca a estes.

-Coñecer e emitir informe no prazo de 15 días, cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume do emprego.

-E igualmente nas decisións adoptadas por parte do empresario sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuracións de cadros de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais.

b) Traslados totais ou parciais dos traballadores, maquinaria ou instalacións.

c) Plans industriais (expedientes).

d) Coñece-los puntos comúns dos traballadores do grupo en canto a xubilación, seguros de vida, axudas de custo, formación, etc., para a súa negociación.

E en xeral, todas aquelas competencias recollidas no artigo 64 do Estatuto dos traballadores para os comités de empresa que previamente lle sexan conferidas polos mesmos e negociadas coa dirección do grupo Carnaudmetalbox, sempre que lles afecte.

Os membros do comité intercentros, ademais das garantías e dereitos que a lei atribúa ós membros dos comités de empresa, terán as seguintes garantías específicas:

-O presidente do comité intercentros poderá ter dedicación plena a tempo total para o desenvolvemento das súas funcións.

-Dispor dos medios técnicos e materiais necesarios para o desenvolvemento das súas funcións, facilitado

pola empresa. Entre eles estará un local que será sede do comité intercentros e estará situado na empresa da cal sexa o presidente, así como un taboleiro de anuncios no mesmo lugar. (O dito local será o mesmo do comité de empresa).

-Serán aboados os gastos de viaxe e manutención para as reunións que se celebren tanto do pleno como da comisión de xestión, que serán estas:

* Unha reunión trimestral do pleno.

* Unha reunión mensual (nos meses non coincidentes co pleno) da comisión de xestión.

As citadas reunións serán dun só día incluídos os desprazamentos, sempre e cando a distancia e os medios o permitan.

As ditas reunións serán en horas de traballo.

-A seren asistidos no desenvolvemento das súas funcións por asesores sindicais das centrais máis representativas.

Artigo 42º.-Seccións sindicais.

A empresa recoñece o dereito á existencia no seo dela de seccións sindicais conforme o seguinte:

a) Segundo artigo 8 da LOLS.

b) O delegado desta sección sindical non terá por qué ser membro do comité.

Artigo 43º.-Dereitos e funcións das seccións sindicais e dos delegados sindicais.

Serán funcións dos delegados sindicais as seguintes:

a) Representar e defende-los intereses do sindicato ó que representan e dos afiliados a el na empresa e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección da empresa.

b) Poderán asistir ás reunións do comité de empresa, comité de seguridade e saúde e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto.

c) Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa debe poñer ó dispor do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias en que legalmente proceda.

d) Posuirán as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e o presente convenio colectivo cós membros do comité de empresa.

e) Serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral e os afiliados ó seu sindicato.

f) Serán, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo acerca dos despedimentos e sancións que afecten os afiliados ó seu sindicato, en materia de reestructuración de cadro de persoal, regulación de emprego, traslado de traballadores, cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo en xeral, e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores, así como sobre implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas consecuencias.

g) Poderán recadar cotas ós seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con eles, todo iso fóra das horas efectivas de traballo.

Artigo 44º.-Asembleas en horas de traballo.

O comité de empresa poderá convocar dúas asembleas ó ano, en horas de traballo, para tratar sempre asuntos relacionados co convenio colectivo e para outras cuestións transcendentes que afecten a totalidade do cadro de persoal.

O tempo empregado en cada asemblea, regulado polo toque de sirena, será o seguinte:

-1ª quenda: 1 h 30 minutos.

-2ª quenda: 1 h.

-3ª quenda: 1 h.

Artigo 45º.-Bilingüismo.

O presente convenio redactarase nos idiomas oficiais de Galicia, galego e español, co fin de potencia-la realidade do bilingüismo. Coa mesma intención, a nivel de empresa procederase a redactar en ámbolos idiomas os avisos, notas, comunicacións, etc., así como as notas e comunicados que se intercambien entre empresa e comité. Non obstante, dado que o convenio se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) en galego, os exemplares que se utilicen para o rexistro na consellería correspondente redactaranse en español, utilizando como texto en galego o que o mencionado diario oficial publique.

Artigo 46º.-Principio de igualdade. Acoso sexual.

I) Formulación xeral. Como primeira concreción da súa iniciativa, as partes consideraron opotuno regular expresamente a problemática do acoso sexual nas relacións laborais, dando así unha nova dimensión á vinculación existente entre dereitos fundamentais e contrato de traballo, dado que aquel comportamento pode afectar a dereitos substanciais como o de non discriminación -artigo 14 da Constitución española- ou o de intimidade -artigo 18.1 dela-, ámbolos dous en clara conexión co respecto debido á dignidade da persoa -artigo 10.1 da citada norma fundamental-.

I.1. Iso lévase a cabo por entender que esta non é tanto unha cuestión de sexualidade -aínda que se manifeste precisamente a través dela- canto, basicamente, de discriminación laboral por razón de sexo, con independencia de que logo se xeneralice a protección, incluíndo tanto as mulleres como os homes como eventuais suxeitos pasivos. Nesta construcción o acoso sexual é concibido como unha imposición indesexada de requirimentos sexuais no contexto dunha relación de poder desigual.

I.2. En esencia, pois, o acoso sexual discrimina fundamentalmente un grupo -as mulleres- polo seu sexo, constituíndo un comportamento que afecta e grava decididamente o seu status como traballadoras, polo que representa un serio obstáculo para a súa integración no mercado laboral ó limitalas dunha maneira na que os homes non se ven normalmente limitados, o que contradí o principio de igualdade.

II. Concepto. Considerarase constitutiva de acoso sexual laboral calquera conducta, proposicións, ou

requirimentos de natureza sexual que teñan lugar no ámbito de organización e dirección dunha empresa, respecto das que o suxeito saiba -ou estea en condicións de saber- que resultan indesexadas, irrazoables e ofensivas para quen as padece, e a resposta ante elas pode determinar unha decisión que afecte o seu emprego ou as súas condicións de traballo.

II.1. A simple atención sexual pódese converter en acoso se continúa unha vez que a persoa obxecto dela deu claras mostras de rexeitamento, sexan do teor que foren. Iso distingue o acoso sexual das aproximacións persoais libremente aceptadas baseadas por tanto no consentimento mutuo.

III. O acoso sexual de intercambio. Neste tipo de acoso constitutivo dunha auténtica chantaxe sexual -a aceptación do requirimento desta natureza convértese implícita ou explicitamente en condición de emprego, ben para acceder a el, ben para manter ou mellora-lo status laboral acadado, sendo o seu rexeitamento a base para unha decisión negativa para o suxeito pasivo tanto nun coma noutro caso, co que se configura unha situación de quid pro quo.

Trátase dun comportamento no que, dun ou doutro xeito, o suxeito activo conecta de forma condicionante unha decisión súa no ámbito laboral -a contratación, a determinación das condicións de traballo en sentido amplo ou a terminación do contrato- á resposta que o suxeito pasivo dea ós seus requirimentos no ámbito sexual.

III.1. Mentres existen condicionamentos de traballo, as persoas que poden establecer tal tipo de conexión son aquelas que teñen poder para decidir sobre os termos do emprego ou da relación laboral do suxeito pasivo, o empresario -persoa física-, os directivos da empresa ou calquera outra persoa xerarquicamente superior á afectada que teña un mínimo de poder para decidir sobre cuestións que incidan sobre o seu traballo.

Eventualmente, poden ser tamén suxeitos activos deste acoso determinados terceiros que se atopen en situación de influír dalgun xeito na decisión empresarial afectante -clientes, provedores, etc.-.

IV. O acoso sexual ambiental. Neste tipo de acoso, de consecuencias menos directas, o definitorio é o mantemento dun comportamento ou actitude de natureza sexual de calquera clase que produza un contexto laboral negativo para o suxeito pasivo, creando no seu contorno un ambiente de traballo ofensivo, humillante, intimidatorio ou hostil que acabe por interferir no seu rendemento habitual.

O afectado negativamente aquí é o propio contorno laboral entendido como condición de traballo en si mesmo. O suxeito pasivo vese sometido a tal tipo de presión no seu traballo -por actitudes de connotación sexual- que iso acaba por crearlle unha situación laboral insostible. A consecuencia negativa directa é normalmente persoal de natureza psicolóxica e esta pola súa vez é causa dunha repercusión desfavorable sobre o emprego da persoa afectada.

IV.1. Suxeitos activos deste tipo de acoso poden se-los referidos no anterior artigo III.1 pero, quizais

máis propiamente os mesmos compañeiros de traballo en tanto que non posúen o poder de condicionamento directo sobre o emprego da persoa afectada.

V. Dilixencias informativas previas. Con independencia das accións legais que poidan interporse ó respecto ante calquera instancia administrativa ou xudicial, o procedemento interno de denuncia por acoso sexual deberá iniciarse sempre necesariamente por escrito, -asinado polo suxeito pasivo- onde se detallarán as circunstancias de feito concorrentes, o suxeito activo do acoso, as conductas, proposicións ou requirimentos en que puidera concretarse e, en última instancia, as consecuencias negativas que del se derivaron ou, se é o caso, pretendían derivarse.

V.1. A presentación da denuncia dará lugar á inmediata apertura de dilixencias informativas previas por parte da empresa, especialmente encamiñadas -ademais de a verifica-la realidade das imputacións efectuadas- a impedi-la continuidade do acoso denunciado así como a concreción de calquera tipo de represalias sobre o suxeito pasivo, para o que se articularán as medidas oportunas.

V.2. A denuncia poderá tamén ser tramitada pola representación legal ou sindical dos traballadores, por petición da persoa asinante. De non ser así, daráselles inmediato traslado dela para o seu coñecemento e efectos, salvo que outra cousa se indicase, expresamente, na propia denuncia.

V.3. Nas investigacións que se efectuarán non se observará máis formalidade cá de dar trámite de audiencia a tódolos intervenientes, practicándose cantas dilixencias poidan considerarse conducentes á elucidación dos feitos acaecidos.

V.4. Durante este proceso -que deberá estar substanciado nun prazo máximo de sete días- gardarán tódolos actuantes unha absoluta confidencialidade e reserva, por afectar directamente á intimidade e honorabilidade das persoas.

VI. Resolución. A constatación da existencia de acoso sexual no caso denunciado dará lugar, entre outras medidas, á apertura do expediente contradictorio a quen resulte ser suxeito activo daquel, sempre que o mesmo se atope dentro do círculo rector e disciplinario da empresa.

Para estes efectos, o acoso sexual de intercambio será considerado sempre como falta moi grave. O acoso sexual ambiental poderá ser valorado como falta grave ou moi grave segundo as circunstancias do caso.

VI.1. Se, pola contra, resultase acreditada a falsidade da denuncia cursada, o expediente contradictorio incoarase a quen a asinase, valorándose a súa gravidade en función da do suposto acoso denunciado.

ANEXO I

Táboa salarial 1997

CategoríaSalario mensual

1997 (ptas.)

Aprendiz de 1ª 83.874
Aprendiz de 2ª 94.535
Traballos secundarios 92.770
Peón 92.770

CategoríaSalario mensual

1997 (ptas.)

Especialista de 2ª114.929
Especialista de 1ª116.659
Oficial de 3ª117.972
Oficial de 2ª119.133
Oficial de 1ª123.721
Oficial de 1ª Espec. Litog.129.411
Encargado de sección130.584
Capataz117.972
Garda sereno117.972
Porteiro117.972
Ordenanza114.929
Almaceneiro117.972
Xefe de 1ª administrativo134.742
Xefe de 2ª administrativo132.082
Oficial 1ª administrativo123.721
Oficial 2ª administrativo119.133
Auxiliar administrativo117.972
Aspirante de 16 anos105.975
Aspirante de 17 anos112.641
Telefonista117.972
Delineante de 1ª127.507
Delineante de 2ª124.650
Delineante de 3ª121.421
Mestre encargado134.742
Xefe de organización134.742
Técnico de organización123.895
Titulado de grao medio135.485
Titulado de grao superior157.029

ANEXO II

Táboa de melloras voluntarias 1997

CategoríaMellora 1997

Especialista de 2ª 41,68 ptas./hora
Especialista de 1ªB 42,68 ptas./hora
Especialista de 1ªA 47,62 ptas./hora
Porteiro 58,98 ptas./hora
Almaceneiro 58,98 ptas./hora
Oficial de 3ª 58,98 ptas./hora
Oficial de 2ª C 86,04 ptas./hora
Oficial de 2ª B 95,27 ptas./hora
Oficial de 2ª A105,23 ptas./hora
Oficial de 2ª Esp.105,23 ptas./hora
Oficial de 1ª C120,76 ptas./hora
Oficial de 1ª B126,71 ptas./hora
Oficial de 1ª A143,47 ptas./hora
Oficial de 1ª FC149,64 ptas./hora

ANEXO III

Horas extraordinarias ano 1997

CategoríaDiurnasNocturnasFestivas

Especialista de 2ª2.2312.7873.122
Especialista de 1ª2.2602.2853.164
Oficial de 3ª2.3222.9023.252
Porteiro2.3222.9023.252
Almaceneiro2.3222.9023.252

CategoríaDiurnasNocturnasFestivas

Oficial de 2ª2.4363.0433.409
Oficial de 1ª2.5893.2373.625
Xefe de equipo3.1173.8954.364

ANEXO IV

Táboa salarial 1998

CategoríaSalario mensual

1998 (ptas.)

Aprendiz de 1ª 85.971
Aprendiz de 2ª 96.899
Traballos secundarios 95.089
Peón 95.089
Especialista de 2ª117.802
Especialista de 1ª119.576
Oficial de 3ª120.921
Oficial de 2ª122.111
Oficial de 1ª126.814
Oficial de 1ª Espec. Litog.132.647
Encargado de sección133.849
Capataz120.921
Garda sereno120.921
Porteiro120.921
Ordenanza117.802
Almaceneiro120.921
Xefe de 1ª administrativo138.110
Xefe de 2ª administrativo135.384
Oficial 1ª administrativo126.814
Oficial 2ª administrativo122.111
Auxiliar administrativo120.921
Aspirante de 16 anos108.624
Aspirante de 17 anos115.457
Telefonista120.921
Delineante de 1ª130.694
Delineante de 2ª127.766
Delineante de 3ª124.457
Mestre encargado138.110
Xefe de organización138.110
Técnico de organización126.992
Titulado de grao medio138.872
Titulado de grao superior160.954

ANEXO V

Táboa de melloras voluntarias 1998

CategoríaMellora 1998

Especialista de 2ª 42,72 ptas./hora
Especialista de 1ªB 43,75 ptas./hora
Especialista de 1ªA 48,81 ptas./hora
Porteiro 60,45 ptas./hora
Almaceneiro 60,45 ptas./hora
Oficial de 3ª 60,45 ptas./hora
Oficial de 2ª C 88,19 ptas./hora
Oficial de 2ª B 97,65 ptas./hora
Oficial de 2ª A107,86 ptas./hora
Oficial de 2ª Esp.107,86 ptas./hora
Oficial de 1ª C123,78 ptas./hora
Oficial de 1ª B129,88 ptas./hora

CategoríaMellora 1998

Oficial de 1ª A147,06 ptas./hora
Oficial de 1ª FC153,38 ptas./hora

ANEXO VI

Horas extraordinarias ano 1998

CategoríaDiurnasNocturnasFestivas

Especialista de 2ª2.2872.8573.200
Especialista de 1ª2.3162.8963.243
Oficial de 3ª2.3802.9743.333
Porteiro2.3802.9743.333
Almaceneiro2.3802.9743.333
Oficial de 2ª2.4973.1193.494
Oficial de 1ª2.6543.3183.715
Xefe de equipo3.1953.9934.473

ANEXO VII

Criterios de aplicación dos permisos retribuídos

1. Falecementos.

Apartado 1.1.

Consideraranse días laborables os que figuran no noso calendario laboral como tales, é dicir, de luns a venres.

Os días correspondentes ó permiso terán que ser tomados a partir do día seguinte ó do falecemento.

O día do falecemento poderá ser considerado, a petición de beneficiario, ou como parte do permiso ou, no caso de se ausentar do traballo, tomar ó seu cargo o tempo correspondente.

Apartado 1.2.

Considerarase tempo necesario para caso de afinidade un máximo de tres horas.

Servirá como xustificación a esquela ou, en caso de non poder establecerse o parentesco por ela, unha certificación do párroco correspondente.

2. Maternidade.

Apartado 2.1.

A consideración do día laborable será igual ca no apartado 1.1. de falecementos.

Os días laborables que correspondan poderanse tomar dentro dos cinco seguintes ó da data de nacemento.

A xustificación será a fotocopia da folla do libro de familia na que se reflicte o nacemento.

3. Enfermidade grave de parentes.

Apartado 3.1.

O permiso poderase tomar dúas veces ó ano pola mesma causa de enfermidade, no caso de que o parentesco sexa cónxuxe ou fillos. Nos demais casos unha soa vez.

Apartados 3.2 e 3.3.

Serán de aplicación unha soa vez ó ano polo mesmo motivo de enfermidade.

4. Asistencia a consulta médica.

Xustificación: ou ben polo boletín de asistencia no que se fagan consta-las horas de entrada e saída, certificados coa sinatura e selo do médico á consulta do cal asista ou, en caso de que non se reflicta a hora de entrada a consulta, tres horas como máximo.

Os casos especiais serán estudiados entre comité e dirección.

Farase constar no boletín de asistencia a consulta médica o centro no que ten a consulta o interesado.

5. Traslado de domicilio habitual.

O permiso desfrutarase o día en que se solicite o cambio de domicilio no concello.

A xustificación será o resgardo da dita solicitude ou certificación equivalente do dito concello.

7845