Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.323

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1997 pola que se convocan varios cursos de formación para o persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

Dentro do programa de actividades formativas da Dirección Xeral de Xuventude para o curso 1997-1998, e dada a recente implantación da aplicación informática Rede de Información Xuvenil (RIX) a través de Internet/Infovía como ferramenta orientada ó persoal que presta os seus servicios na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, convócanse 40 cursos monográficos sobre introducción á informatización da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

1. Obxectivo:

Actualiza-la formación dos responsables das oficinas e puntos de información xuvenil de Galicia, como usuarios da aplicación informática Rede de Información Xuvenil (RIX) a través de Internet ou Infovía.

2. Contido:

* Introducción a Internet.

* Acceso á aplicación RIX a través de Internet e Infovía.

* Definición da aplicación RIX.

* Elaboración das fichas: guía e transferencia de ficheiros.

* Configuración da aplicación RIX.

* Estructura da base de datos.

* Sistema de busca: por palabras chave ou temática.

* Correo electrónico.

3. Destinatarios:

Técnicos das oficinas e puntos de información xuvenil inscritos no Rexistro da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. Desenvolvemento e duración do curso:

-Duración: 5 horas.

-Horario: de 9 a 14 horas.

-Lugar de celebración: aula de informática do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

* Casa da Xuventude. Praza do Matadoiro, s/n, Santiago de Compostela.

-Número de prazas por curso: 8.

5. Os 40 cursos monográficos obxecto desta convocatoria realizaranse nas seguintes datas:

Ano 1997: días 24, 25, 26, 27 e 28 de novembro, 1, 2, 3, 4, 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18 e 19 de decembro.

Ano 1998: 12, 13, 14, 15, 16, 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de xaneiro, 2, 3, 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de febreiro.

6. Inscrición:

-Prazo: desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de novembro.

-Forma: o persoal que desexe participar nestes cursos deberá solicitalo por escrito no modelo de instancia que figura ó final destas bases. Xunto coa solicitude, deberá presentar certificado expedido polo secretario do concello ou asociación titular do servicio de información xuvenil conforme o solicitante está prestando os seus servicios no punto/oficina de información xuvenil, indicando o tipo de vinculación coa entidade (laboral, funcionario, voluntario, etc.).

-Lugar de presentación: as solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, sito en San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes e demais documentación tamén poderán enviarse por fax ó número (981) 54 58 43.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán se quedasen prazas libres.

7. Certificación de asistencia:

Ás persoas participantes otorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1997.

Eugenio Corral Álvarez

Director xeral de Xuventude

7976