Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial Menela, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación especial Menela de

Vigo (Pontevedra), no que solicita a ampliación dunha unidade no dito centro,

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica,

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16); a orde ministerial do 3 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26); o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto,

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia,

Esta dirección xeral resolveu:

Autorizarlle a ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial que se relaciona no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Roade.

Enderezo: Camiño Veiguiña, 15 Chalet Villa María.

Denominación: Menela.

Titular: María Manuela Fernández Puentes.

Nivel: educacion especial.

Unidades de que constaba: 6.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 7.

97-6512