Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación especial Os Mecos de Vilanova de Arousa (Pontevedra), no que solicita a ampliación dunha unidade no dito centro,
Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica,
Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16); a orde ministerial do 3 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26); o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto,
Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia,
Esta dirección xeral resolveu:
Autorizarlle a ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial que se relaciona no anexo da presente resolución.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1997.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Centros e Inspección Educativa
ANEXO
Provincia de Pontevedra.
Concello: Vilanova de Arousa.
Localidade: Vilanova de Arousa.
Enderezo: Fontenla-Baión.
Denominación: Os Mecos.
Titular: Asociación BATA.
Nivel: educacion especial.
Unidades de que constaba: 2.
Unidades novas autorizadas: 1.
Total de unidades autorizadas: 3.
7702