Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de setembro de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Cíes, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Cíes de Vigo (Pontevedra) en solicitude de cesamento de actividades o dito centro,

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 24 de febreiro de 1976, a autorización para oito unidades de educación xeral básica,

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra,

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación,

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto,

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Código do centro: 36011543.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Regueiro, 17.

Denominación: Cíes.

Titular: Enseñanza Personalizada Cíes S.L.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

7506