Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.309

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de setembro de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado La Milagrosa, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado La Milagrosa de Santiago de Compostela (A Coruña) en solicitude de cesamento de actividades no dito centro,

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 7 de xaneiro de 1992, a autorización para tres unidades de preescolar; e por Orde do 6 de marzo de 1980, a autorización provisional para cinco unidades de educación xeral básica,

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña,

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación,

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto,

Esta consellería dispón:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

Concello: A Coruña.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: praza Santo Domingo, 3.

Denominación: La Milagrosa.

Titular: Hijas de la Caridad.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

7447