Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Copo Ibérica, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-7-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 26-5-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de agosto de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A. e os traballadores

En Mos, luns 26 de maio de 1997.

Reunidos:

Dunha parte Josep Poch i Riba, Eleuterio Gutiérrez González, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A.

E doutra parte, o comité de empresa, representado legalemente por Xosé Miranda Vigo (CIG), Ángel Rey Costas (CIG), Xosé González Camiña (CIG), César Gómez Meixeiro (CIG), Xosé A. Pérez Sánchez (CIG), Ramón Maceira Maquieira (CIG), Amadeo Almuster Campo (CIG), Fco. Xavier Soliño Hermida (CIG), Mª Carmen Leirós Lago (CIG).

Ámbalas dúas partes recoñécense no concepto no que interveñen, coa capacidade legal necesaria para negocia-lo presente convenio, e para o efecto establecen o seguinte:

Texto del convenio:

TÍTUTO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio é para o centro de traballo da empresa Copo Ibérica, S.A., situada actualmente no municipio de Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta ó persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, salvo os que desempeñan cargos de conselleiros da empresa e os da alta dirección ou de alta xestión na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1998.

Ben entendido, que a dita vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Mentres non se pacte un novo convenio, manteranse en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º.-Prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1998.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Absorbilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outra que, por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puideran establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

A) Vixilancia do cumprimento do pactado.

B) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

C) Polos traballadores, a comisión estará composta por dous membros do comité de empresa asinantes deste convenio, e dous representantes da empresa. Os dous representantes da empresa serán de libre elección, sen que, en ningún caso, poidan exceder á representación social.

Por acordo de ámbalas dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión determinaras a propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí recordadas forman un todo único e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

TÍTULO II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Cómputo horario anual (anexo II).

O cómputo anual de horas que se van realizar en 1997 e en 1998 será de 1.768 horas cada ano.

Para cumprilo, poderanse utilizar como días de axuste horario os seguintes:

* Para o ano 1997:

-2 de maio.

-1 de agosto.

-31 de outubro.

-22, 23, 24, 30 e 31 de decembro.

* Para o ano 1998:

-2 e 5 de xaneiro.

-O resto dos días negociaranse unha vez se coñeza o calendario laboral do ano 1998 emitido pola Xunta de Galicia.

Artigo 10º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

-1ª quenda: de 6 a 14 horas de luns a venres.

-2ª quenda: de 14 a 22 horas de luns a venres.

-3ª quenda: de 22 a 6 horas de luns a venres.

Quenda partida: de 8 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

De luns a venres.

A quenda partida aplicarase nos departamentos técnicos e administrativos, así como nos novos contratos para outras funcións (almacén, etc.). Tamén, e de acordo cos interesados, poderá ser aplicado para postos de nova creación que o riquiran ou en casos de ascensos a postos con este horario. A hora da pausa para a comida poderá oscilar, de acordo cos afectados, en funcións das necesidades do posto.

Dentro das 40 horas semanais, están computados 17 minutos por parada de bocadillo, diariamente por quendas.

As 1ª e 2ª quendas serán raelizadas polo persoal da empresa, mediante un sistema rotativo; a terceira quedan realizaraa o persoal eventual, por traballadores en cadro de persoal fixo desde o 1 de xaneiro de 1989 ou por traballadores en cadro de persoal fixo anteriores á dita data que decidan voluntariamente realizada. Neste último caso, e se posteriormente o traballador solicitase volver ás quendas diurnas, terá dereito á súa reintegración inmediata a eles.

Durantes os meses de xullo a setembro naquelas seccións con quenda partida onde a dispoñibilidade

do persoal poida garanti-lo servicio da súa sección á fábrica, establecerase unha xornada continua rotativa das 7 h da mañá a 15 h da tarde entre os compoñentes da dita sección.

Artigo 11º.-Vacacións (anexo II).

As vacacións serán de 30 días naturais e o desfrute delas será da seguinte forma:

* Ano 1997.

-Planta de moldeado: do 4 ó 31 de agosto e mailos días 26 e 29 de decembro.

-Planta de bloque: establécense dúas quendas de desfrute de vacacións, formadas polos períodos seguintes:

1ª quenda: do 21 de xullo ó 17 de agosto e os días 26 e 29 de decembro. Pasando o 18 de xullo en vez do 1 de agosto como día de axuste.

2ª quenda: do 4 ó 31 de agosto e os días 26 e 29 de decembro.

As vacacións para o ano 1998 negociaranse en función do calendario laboral que se pacte para 1998.

Se antes do desfrute das vacacións algún productor estivese en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día da situación de alta. Se a baixa por accidente durase todo o tempo vacacional, unha vez dado de alta, poríase de acordo coa dirección da empresa para analiza-los días de desfrute destas.

Artigo 12º.-Licencias e permisos.

Todo productor, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración do salario base, plus de asistencia e puntualidade, plus de antigüidade e plus de convenio, por algún dos motivos seguintes e polo tempo indicado a continuación:

12º.1. Matrimonio: 16 días naturais.

12º.2. Nacemento de fillo: 3 días laborais.

12º.3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 1º grao de afinidade ou consanguinidade: 3 días laborais excepto no caso de falecemento de pais, fillos e cónxuxe do traballador que lle corresponderán: 5 días naturais ou 3 días laborais, que serán escollidos polo traballador.

12º.4. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 2 días laborables.

12º.5. O mesmo que 3 e 4 con necesidade de desprazamento: 4 días laborables.

12º.6. Falecemento de tío de consanguinidade: 1 día laborable.

12º.6.a. Falecemento de parentes de 3º grao: 1 día natural.

12º.7. Traslado de domicilio: 2 días naturais.

12º.8. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

12º.9. Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal: nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

12º.10. Por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A traballadora, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción de xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que os dous traballen.

12º.11. Para estudios: segundo o artigo 22 da Lei 1980, o traballador terá dereito ó desfrute de permisos para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elixir quenda de traballo. A empresa concederá reducción de xornada non retribuída a aqueles traballadores que, logo da acreditación de cursos de formación, estudios, etc., soliciten o dito permiso. A dita reducción non excederá de dúas horas diarias.

12º.12. Asistencia á consulta médica: cando por razón de enfermidade o traballador necesite asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o permiso necesario sen perda da retribución especificada ó comezo do artigo, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Neste, deberá consta-la hora de consulta, sen tal requisito non se aboará ningunha cantidade.

Poderán exercer dereito ó dito permiso aqueles traballadores que necesiten asistir con fillos menores de 14 anos ou maiores discapacitados, ademais de familiares directos (pais, nais, avós) maiores de 65 anos ou discapacitados.

12º.13. Para asistencia ó casamento de pais, fillos ou irmáns de consanguinidade: 1 día natural.

12º.14. Coidados a menores ou a diminuídos físicos ou psíquicos: o traballador que teña ó seu coidado directo un menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico e sempre que este non desempeñe ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo dun tercio da súa duración, coa correspondente diminución de salario.

12º.15. Os traballadores poderán desfrutar de cinco días de permiso non retribuído por motivos persoais, para o cal deben solicitalo con 48 horas de antelación e debe ser compatible coas necesidades da empresa.

Considérase desprazamento, todo traslado a localidade distante máis de cen quilómetros do domicilio habitual do traballador.

Faise extensivo o desfrute dos permisos anteriormente citados, excepto o de matrimonio, a aqueles traballadores que estando separados ou divorciados legalmente, convivan maritalmente con outra persoa e acrediten a súa situación de convivencia por medio dun certificado expedido polo concello ou por medio do libro de familia.

Definición de graos de consanguinidade e afinidade:

-Consanguinidade ascendente: pais 1º grao, avós 2º grao.

-Consanguinidade descendente: fillos 1º grao, netos 2º grao.

-Consanguinidade colateral: irmáns 2º grao.

-Afinidade ascendente: pais políticos 1º grao; avós políticos 2º grao.

-Afinidade colateral: irmáns políticos 2º grao.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

13º.1. A organización do traballo, de acordo co prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

13º.2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa será informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado da mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

13º.3. Os traslados ou cambios de posto non minguarán as condicións salariais dos traballadores afectados, excepto os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción ou outros) que serán os estipulados para o dito novo posto.

13º.4. Ante a impantación dun novo sistema de prima de producción, novo método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente ó comité de empresa e estudiará os informes que o dito comité puidese emitir, co obxecto de recoller e negocia-las súas achegas á nova implantación.

13º.5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicaralle estas ó comité de empresa, o cal emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa, de acordo co comité, dará a formación que considere necesaria en cada caso, para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas texnoloxías.

13º.6. Áreas de descanso.

Os traballadores en período de descanso poderán utiliza-las instalacións de cantina ou servicios, evitando outras zonas por cuestións de seguridade e hixiene.

13º.7. Cadro de quendas.

Ó comezo de cada ano será confeccinado un cadro de quendas por traballador, que poderá ser modificado pola empresa para garanti-lo bo funcionamento do proceso productivo e en concordancia co apartado 2 do presente artigo.

Artigo 14º.-Condicións dos contratos.

En razón das condicións dos contratos de permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasifícanse en: fixos, contratados por tempo determinado, eventuais, interinos, contratados a tempo parcial, en

formación ou en prácticas. Así mesmo, poderase celebrar calquera tipo de contrato de traballo sempre que a súa modalidade estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos cós demais traballadores do cadro de persoal, agás as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

Segundo acordo no convenio de 1994, a empresa non exercerá o seu dereito a utiliza-la modalidade de contrato de aprendizaxe.

Disposición adicional.

En atención ó disposto no artigo 15.1º ET (texto refundido) as partes asinantes deste convenio, acordan establece-la facultade empresarial de contratar traballadores para a realización de obras ou servicios determinados, de traballos suficientemente diferenciados, e con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, limitados no tempo e cunha duración que poida preverse. A empresa daralle conta ó comité do obxecto do contrato, especificando, así mesmo, o número de traballadores que se van contratar. En consecuencia, a empresa comprométese a non subscribir contratos de posta a disposición con empresas de traballo temporal.

Para efectos de cubri-las necesidades da empresa, atendendo ó previsto no parágrafo anterior, confeccionarase unha lista de traballadores, por rigorosa orde de ingreso, que serán chamados por orde de antigüidade, establecéndose quendas rotativas de chamada, de tal forma que será requirido o traballador que figure na lista no posto seguinte a aquel que foi contatado en último lugar.

Artigo 15º.-Técnicos e cadros.

15º.1. Xornada laboral: será pactada no convenio.

15º.2. Definiranse as súas responsabilidaes, funcións e obxectivos por departamentos.

15º.3. Foramción: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posta ó día nos temas propios da súa actividade na empresa. Todo iso segundo o artigo 19º do presente convenio. Prestarase especial importancia a aspectos como formación do seu equipo, técnicas de exercicio de mando, técnicas de traballo en equipo, participación e toma de decisións.

15º.4. Información: potenciarase o nivel de información facilitado a estes colectivos para o mellor desenvolvemento da súa función.

15º.5. Participación: promoverase un maior nivel de participación nas decisións e propostas.

Artigo 16º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Os ascensos efectuaranse de acordo co indicado polo Estatuto dos traballadores.

A empresa comunicaralle ó comité as necesidades de vacantes que hai que cubrir e establecerá unha quenda de méritos con base nun sistema de cómputos destes de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias: antigüidade na empresa,

coñecemento do posto de traballo, ter desempeñado funcións de superior categoría, e nivel de aptitude demostrado nos cursos de formación ou captación que realizasen para o efecto. Estas consideracións serán valoradas conxuntamente co comité de empresa.

Os traballadores con categoría de peón, axudante de transformador e auxiliar de limpeza, unha vez cumprido un ano ó servicio da empresa, ascenderán automaticamente á categoría inmediata superior, excepto os traballadores contratados para as seccións de colchóns e peza cortada que manterán a mesma categoría e salario, durante toda a vixencia do seu contrato.

Artigo 17º.-Creación do emprego fixo.

Ó longo da vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a converter en fixas a aquelas persoas que estando en situación de temporais cumpran o prazo establecido segundo a lexislación vixente.

Ademais xerarán un posto fixo, aqueles postos que quedasen vacantes por falecemento ou xubilación do titular.

A adquisición do carácter de fixeza está en función da condición da posibilidade de traballar na terceira quenda.

Durante a vixencia do presente convenio, crearanse os postos fixos acordados no convenio de 1995.

Cando, alegando causas tecnolóxicas ou económicas, organizativas ou productivas, a empresa teña intención de concorrer á rescisión de contratos, calquera que sexa o número, abrirá un período de consultas cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 18º.-Capacidade diminuída.

No suposto de invalidez permanente parcial, o traballador afectado terá un dereito preferente para ocupar aquel posto de traballo que poida desempeñar con eficacia suficiente no seu estado de invalidez. Oirase neste expediente o comité e o servicio médico da empresa.

Artigo 19º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecxnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas espectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

19º.1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación externos e comezaranse cursos internos para formación de responsables de área ou quenda, ampliándoos sucesivamente. A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación. Así mesmo fomentarase a formación do persoal apropiado no concernente ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitarase, sempre que os prazos de execución ou o nivel de coñecementos requirido o per

mitan, o desprazamento profesional do persoal actual en beneficio doutro de nova contratación.

19º.2. A asistencia ós cursos de formaicón é de carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan, fomentando a asistencia ós cursos.

Non obstante, será obrigatoria a asistencia naquelees casos de convocatorias como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

19º.3. Serán estudiadas por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou reciclaxe.

19º.4. Crearase unha comisión de formación, que estará composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa. Tódolos cursos de formación continua que sexan impartidos ou subvencionados polos organismos oficiais (Forcem-Comisión Territorial de Galicia, etc.) serán acordados por dita comisión.

Cando os cursos se realicen fóra da xornada laboral, a empresa aboará a cantidade simbólica de 500 ptas./hora así como o importe da comida.

Artigo 20º.-Excedencias.

Haberá que aterse ó establecido no Estatuto dos traballadores e leis complementarias sobre o particular.

Aquelas persoas cunha antigüidade mínima de catro anos, terán dereito a solicitar unha excedencia equivalente duración dun curso lectivo e destinado á formación do solicitante.

Así mesmo, sobre as excedencias por maternidade, haberá que aterse ó disposto pola Lei 3/1989, do 3 de marzo de 1989 (anexo IV).

Artigo 21º.-Pezas de roupa.

A emrpesa facilitará pezas de roupa apropiadas de traballo ó persoal seguinte:

21º.1. Persoal de fábrica, talleres e almacéns: efectuaranse tres entregas anuais da seguinte forma:

-1ª entrega: do 15 ó 31 de marzo: roupa e calzado de verán.

-2ª entrega: do 1 ó 15 de xullo: roupa de inverno e calzado de verán.

-3ª entrega: do 15 ó 31 de outubro: roupa e calzado de inverno.

Coincidindo con estas entregas, ós encargados entregaránselles batas e calzado.

21º.2. Ó persoal de mantemento facilitaráselle calzado de seguridade (botas e inverno e zapatos no verán).

21º.3. Ó persoal de laboratorios e departamentos técnicos, facilitaránselle tres batas ó ano, coincidindo coas datas sinaladas anteriormente.

Ó persoal antedito, que, por razóns de traballo o precisase, proporcionaríaselle roupa e calzado adecuados.

21º.4. Ó persoal de nova incorporación á empresa comprendido nos grupos dos apartados 21º.1., 21º.2., 21º.3., facilitaráselle unha entrega dobre de roupa da época do ano que corresponda, e un par de tenis. A seguinte entrega sería normal.

21º.5. Por razón do tipo de traballo habitual (traballo en exteriores) poderase facilitar, ademais, unha prenda tipoi anorak.

21º.6. Por petición individual, poderase cambia-la roupa de verán por unha funda.

21º.7. Para determinadas seccións poderase facilitar, en lugar de funda, un conxunto chaqueta curta-pantalón.

21º.8. Se algún dos traballadores tivese a súa peza de roupa de traballo en malas condicións, como consecuencia da actividade que desenvolve, terá dereito á súa reposición, logo de xustificación.

21º.9. Todo productor que cause baixa por enfermidade ou accidente, por un tempo de oito meses recibirá unha soa entrega. Se a baixa fose por doce meses non terá dereito a ningunha entrega.

As pezas de roupa do persoal masculino serán polos, e as fundas serán 100% algodón, excepto na sección de bloque que poderán ser tamén de tergal.

As pezas de roupa do persoal feminino serán as adecuadas, segundo criterio de ámbalas dúas partes.

Ó persoal que realice traballos sucios proporcionaránselle pezas de roupa de protección adecuadas.

Tipo de calzado.

-O persoal masculino: tenis nas entregas de verán e deportivos con cámara de aire na de inverno.

-O persoal feminino: zocos ortopédicos nas entregas de verán e pantuflas adecuadas na de inverno.

21º.10. Tódalas pezas entregadas nas distintas entregas de roupa ó persoal, terán que ser homologadas e revisadas polo comité de seguridad e hixiene.

Artigo 22º.-Seguridade e saúde (anexo III).

Crearase unha comisión paritaria de seguridade e saúde, formada por dous membros representantes da empresa (o xerente e o xefe de mantemento) e dous representantes dos traballadores que formen parte do comité de seguridade e saúde.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo sseguirán en vigor as normas de seguridade e saúde aprobadas pola dirección da empresa e a maioría do comité de empresa en decembro de 1989 e que figuran como anexo a este convenio (anexo III).

Acórdanse ademais as seguintes cláusulas:

22º.1. O comité de seguridade e saúde fará chegar á dirección da empresa, no mes de setembro de cada ano, as súas propostas de melloras nesta materia para

o seu estuidio e posible inclusión no plan de investimentos do ano seguinte.

22º.2. Concédese a cada un dos membros do comité de seguridade e saúde un día libre cada tres meses co fin de inspeccionar, xunto co secretario do dito comité as instalacións e os productos. O comité de seguridade e saúde avisará con 48 horas de antelación ó responsable da sección afectada, que persoa tomará o dito día.

O día libre para inspección tomarano os integrantes do comité de seguridade e saúde de un en un. Os integrantes do comité que realicen a inspección confeccionarán un informe por escrito que se enviará á xerencia e ó comité de empresa.

22º.3. Os integrantes do comité de seguridade e saúde terán as mesmas garantías cós membros do comité de empresa en canto á apertura de expedientes contradictorios e despedimentos por sanción con base no exercicio da súa representación.

22º.4. A elección dos representantes dos traballadores dentro do comité de seguridade e saúde farase por votación libre e secreta entre todo o persoal.

A votación para a elección dos representantes dos traballadores no seo do comité de seguridade e saúde realizarase sen que iso supoña interrupción no normal desenvolvemento do proceso productivo.

O sistema electoral será o mesmo có das elección sindicais.

22º.5. Toda traballadora que realice o seu traballo por quendas, e estea en situación xestante, realizará o seu traballo na quenda que ela elixa, sempre e cando non altere o equilibrio entre tódalas quendas, sendo, en última instancia, a comisión paritaria quen decida ó respecto.

TÍTULO III

Aspectos siociais

Artigo 23º.-Seguro de vida.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos traballadores da empresa, para cubri-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

Ano 1997Ano 1998

Morte2.322.8502.398.345

Invalidez permanente absoluta2.322.8502.398.345

Morte por accidente4.645.7004.796.690

Morte por accidente de tráfico6.968.5507.195.035

Artículo 24º.-Fondo social e de formación.

Dotarase ó fondo social e de formación con 1.237.322 ptas. para o ano 1997 e de 1.277.535 ptas. para o ano 1998, o cal será administrado por unha comisión formada por tres membros do comité de empresa e tres representantes da empresa.

O fin do fondo é atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal ó que afecta o convenio.

O fondo social rexerase polas normas de funcionamento aprobadas polo comité de xestión do fondo social e o persoal (anexo V).

Artigo 25º.-Seguro complementario de incapacidade profesional total e permanente.

A empresa subscribirá un seguro complementario de incapacidade total e permanente, a favor de tódolos traballadores cun capital asegurado de 2.322.850 ptas. no ano 1997 e de 2.398.345 ptas. para o ano 1998.

Este seguro será custeado polas bonificacións obtidas do seguro de vida e a diferencia, ata o custo total, pola empresa.

Artigo 26º.-Comedor.

A empresa aboará os gastos de comidas orixinados por necesidades da alta empresa na contía fixa de 1.518 ptas. para o ano 1997 e de 1.567 ptas. para o ano 1998 por comida nos casos en que a xornada laboral se alongue nunha hora ou máis. Queda excluído o caso do persoal contratado en réxime de quenda partida, o cal terá dereito ó cobramento da dita cantidade no caso que realice horas extras entre as 14 horas e as 16 horas.

Artigo 27º.-Anticipos.

O persoal terá dereito ós anticipos estipulados legalmente. Os anticipos extraordinarios para outros fins serán obxecto dun estudio particular por parte da empresa.

O traballador que o solicite, poderá pedir un anticipo equivalente ó importe total das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios. Sendo en última instancia a Comisión de Xestión do Fondo Social a que dictamine sobre a súa concesión.

Artigo 28º.-Desprazamentos.

O persoal que por petición da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela e nun radio superior a 50 km verá incrementada a súa retribución diaria e as súas horas extras nun 35% mentres dure o desprazamento.

Quedan excluídos deste artigo, as categorías iguais ou superiores a xefe de sección. Os desprazamentos por motivos de formación de tódolos casos e as persoas que como os vendedores e vixilantes, etc., necesitan dos desprazamentos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

Artigo 29º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro para desprazamentos con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 40 ptas./km, brutas para o ano 1997 e 41 ptas./km para o ano 1998. Inclúe tamén os desprazamentos á mutua de accidentes, tanto por revisión periódica como por asistencia médica por accidente.

Artigo 30º.-Axuda por fillos diminuídos.

Por petición do comité de empresa e para as persoas que se solicitara, durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboará a cantidade de 32.085 ptas. brutas para o ano 1997 e de 33.128 ptas. no ano

1998 mensuais por cada fillo diminuído físico ou psíquico recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador.

TÍTULO IV

Aspectos sindicais

Artigo 31º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire haberá que aterse ó que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión, e a comunicación á empresa e demais requisitos efectuarase polo menos con 48 horas de antelación.

A empresa, por eptición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar de asuntos importantes e urxentes.

Artigo 32º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membrois do comité de empresa (23 horas por membro), poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se lle indique á dirección da empresa a súa distribución.

Artigo 33º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal afecto a este convenio, sempre e cando sean solicitados por este.

33º.1. O comité de empresa terá coñecemento con anterioridade de calquera sanción ou despedimento dun traballador do cadro de persoal.

Artigo 34º.-Taboleiro de anuncios.

Cada central sindical representada dentro do comité de empresa terá dereito a un taboleiro de anuncios para o seu uso exclusivo.

TÍTULO V

Conceptos económicos

Artigo 35º.-Retribucións e masa salarial bruta.

35º.1. Os salarios do persoal para 1997 e para 1998 serán os sinalados na táboa salarial anexa.

No presente ano consolídase unha paga especial de 47.000 pesetas, que se convertirá em 54.500 no ano 1998 e se aboará no mes de xuño, para todo o persoal afectado polo presente convenio.

35º.2. Masa salarial bruta (MSB): para a negociación do presente convenio, tivéronse en conta as seguintes masas salariais das categorías comprendidas na táboa salarial anexa ó convenio de 1996:

-Salarios base individual, por grupos de categorías e totais ano.

-Pluses de asistencia e puntualidade individuais, por grupos de categorías e totais ano.

-Pluses de asistencia e puntualidade individuais, por grupos de categorías e totais ano.

-Pluses de antigüidade individuais e plus de convenio 1994, por grupos de categorías e totais ano.

(Todas elas incluíndo as pagas extraordinarias).

-Total aboado por prima de producción en 1996.

-Complementos de posto de traballo.

35º.3. En xeral, a MSB definiuse da seguinte forma:

35º.3.1. Retribucións salariais brutas.

35º.3.1.1. Salarios bases.

35º.3.1.2. Beneficios e pluses.

35º.3.1.3. Incentivos e primas de producción.

35º.3.1.4. Pagas extraordinarias.

35º.3.1.5. Complementos de postos de traballo.

35º.3.2. Outros conceptos económicos.

35º.3.2.1. Comisións e axudas de custo.

35º.3.2.2. Premios e prestacións especiais.

35º.3.2.3. Bolsas.

35º.3.2.4. Subvencións a comedores.

35º.3.2.5. Vivendas.

35º.3.2.6. Outros beneficios sociais non retributivos.

35º.3.3. Retribucións por horas extraordinarias.

35º.3.4. Retribucións polo plus de antigüidade e plus convenio 1994.

Estes conceptos estarán referidos a tódolos traballadores da empresa, excepto os que forman parte do staff da presidencia da compañía e as direccións da emrpesa.

Para depura-la MSB definida, excluiranse:

-As cantiudades do epígrafe 35º.3.2.

-As cantidades de carácter asistencial e social (formación profesional, cultural, recreativa, comedores, axuda familiar, transporte, etc.). Estas cantidades non se excluirán no caso de ser percibidas a prezo fixado polos traballadores.

-As cantidades correspondentes ó persoal de staff de presidencia e direccións da empresa.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.4.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.3 serán estudiadas, se é o caso, pola dirección da empresa e o comité de empresa.

35.4º. A agrupación de categorías que se considerou nesta negociación, foi a seguinte:

-Oficiais 1ª mantemento.

-Oficiais 1ª fabricación con profesionais 1ª fabricación.

-Oficiais 2ª mantemento.

-Oficiais 3ª mantemento.

-Oficiais 2ª fabricación con profesionais 2ª fabricación.

-Axudantes especialistas con especialistas.

-Peóns.

-Oficiais 1ª transformación.

-Oficiais 2ª transformación con profesionais 2ª transformación.

Oficiais 3ª transformación e pegadores/as.

-Contramestres, encargados, mestres industriais e capataces.

-Vixilantes e garda ordinario.

Artigo 36º.-Plus de antigüidade e plus de convenio 1994.

36º.1. Plus de antigüidade.

O plus de antigüidade consistirá en seis trienios do 5% cada un calculado sobre o salario mínimo interprofesional aprobado anualmente por real decreto do Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

36º.2. Plus de convenio 94.

Todo o persoal fixo o 31 de decembro de 1993 pasará a ter un plus de convenio 1994, equivalente á diferencia entre o 30% do seu salario base da táboa salarial vixente en 1993 e o plus de antigüidade mencionado no apartado 1 deste artigo.

Este plus de convenio terá carácter de absorvible en anos vindeiros na mesma contía que se incremente o plus de antigüidade.

36º.3. Agora ben todo traballador que o 31 de decembro de 1993, xa tivese unha antigüidade na empresa que dese lugar a un plus de antigüidade do 30% a porcentaxe maior por aplicación do plus de antigüidade vixente en 1993 e incrementarase coa parte da porcentaxe que correspondese ó 31 de decembro 1993 en función do tempo transcorrido desde o devengo do último quinquenio. Polo tanto, o seu plus de convenio será o resultado de aplica-la dita porcentaxe sobre a táboa salarial vixente en 1993 minorado polo plus de antigüidade calculado de conformidade co artigo 36º.1.

Este plus de convenioo terá carácter de absorvible na mesma contía que se incremente o plus de antigüidade.

Artigo 37º.-Plus de asistencia e plus de puntualidade.

O importe destes dous pluses percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous pluses cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado, implicarán a perda da parte proporcional do plus de asistencia, (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do 100% do plus de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día, non se pagará o importe de ámbolos pluses do dito día, exceptuando as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio (agás nas que se indique o contarrio), así como as saídas ó consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 38º.-Plus de toxicidade.

Este plus está integrado no salario base que figura na táboa salarial anexa, e constitúe un 10% do dito plus.

Artigo 39º.-Plus de nocturnidade.

Este plus será do 30% sobre tódolos conceptos salariais, pagándose o dito plus na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte. Cando por encesidades da empresa, o persoal teña que prolonga-la súa xornada despois das 6 horas, para efectos de cobramento será considerado como horas nocturnas.

Artigo 40º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o 100% da súa retribución, incluíndo a prima de producción se estivese suxeito a ela. Para o cálculo desta, tomarase como base o importe/hora que se obteña no mes correspondente, excluíndo as horas de baixa por accidente para o cálculo da dita baixa.

Arttigo 41º.-Baixas por enfermidade.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do 100% da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización e sempre que o dito período non supere os oitenta días. No resto de baixas por enfermidade cobrarase a razón do seguinte:

Os 3 primeiros días da baixa haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente ou normas concordantes.

70% da base tarifada do mes anterior desde o 4º día ó 20º día.

90% da base tarifada do mes anterior a partir do día 21 da baixa.

Estudiaranse aquelas baixas de enfermidade que, logo do informe médico, e de acordo coas súas características, puidesen ser merecedoras do cobramento do 100% da súa retribución.

Artigo 42º.-Gratificacións extraordinarias.

42º.1. As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas, para todo o persoal, na contía dunha mensualidade do salario base, plus de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como a antigüidade e plus convenio 1994 correspondentes.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. En caso de que algún dos días fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse no primeiro día hábil seguinte.

42º.2. Todo productor que ó longo do ano de vixencia do presente convenio non teña un absentismo superior a seis días laborais, percibirá unha gratificación de seis días de salario base, plus de asistencia, de puntualidade, de antigüidade, de convenio 1994, máis 10.816 ptas. no ano 1997 e 11.168 no ano 1998.

Para o cómputo do absentismo antedito, non se terán en conta os permisos e licencias recollidos no artigo 12º deste convenio, así como as baixas por accidente ou hospitalización, computándose polo tanto toda falta total ou parcial ó traballo aínda que sexa xustificada, tales como atrasos, baixas por enfermidade, etc.

42º.3. No mes de agosto acórdase establecer un complemento equivalente ó 100% da prima de producción media dos meses de abril, maio e xuño inclusives, o cal será efectivo co anticipo da mensualidade de agosto, que se pagará o día 31 de xullo. O reparto da dita cantidade efectuarase de forma lineal entre tódolos traballadores que perciban actualmente prima de producción. Computaranse, ademais das horas reais de presencia, as horas de ausencia dos permisos e licencias recollidos no artigo 12º do presente convenio e as baixas de accidente.

O persoal non suxeito á percepción de prima de producción, con categoría igual ou inferior a xefe de sección cobrará a prima media resultante do cobrado polo resto do persoal afectado nas dúas plantas.

42º.4. Acórdase establecer dúas gratificacións extraordinarias por non absentismo nos meses de xullo e decembro, consistentes cada unha nun 55% da prima de producción media de cada traballador, calculándose a de xullo coa media de abril, maio e xuño, e a de decembro coa media dos meses de setembro, outubro e novembro.

Para o cómputo do dito absentismo non se terán en conta as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio e as baixas por accidente ou hospitalización, computándose por tanto toda falta total ou parcial aínda xustificada, tales como retrasos, baixas por enfermidade, etc.

Estas gratificacións aplicaranse a aqueles traballadores con categoría inferior a xefe de departamento.

Artículo 43º.-Prima de producción.

Durante a vixencia do presente convenio os valores da prima de producción serán os seguintes:

Moldeado:

As fórmulas de cálculo son:

Numerador= ((pezasxptas./peza+p. min.).

Denominador= (persoal normalxcoeficiente)x8 horasxdías traballados mes).

Ptas./hora= numerador: denominador.

Prima= coeficientexptas./horaxpersoal real (horas) persoal normal (por quenda).

Quente IQuente IINoiteMesturas

1/2 encargado1/2 encargado
1 encargado1 encargado1 encargado1 encargado
9 operarios11 operarios3 operarios2 operarios

Frío I (HR I)Frío II (HR II)

4 operarios3 operarios

MoldeadoProd. e horas de Ref.

-Quente, frío-Acolchados in situ-Espuma cortada.Pza. e horas de quente e frío.-SemirríxidoTomaranse as mesmas ptas./hora

que na sección quente.-TransformaciónPzas. e horas quente e frío-Calid. e Embal.Pzas. e horas quente e frío-ConservaciónPzas. e horas quente e frío-AlmacénPzas. e horas quente e frío-E. controlMedia ptas./hora Cal. e frío-E. controlMedia ptas./hora Cal. e frío-E. almacénMedia ptas./hora Cal. e frío-E. Transform.Media ptas./hora Cal. e frío-E. reproducciónMedia ptas./hora Cal. e frío

En 1997En 1998

Pre/Pza.P. miniPre/PzaP. mini

Quente e frío4,7219.6594,8720.298
Transformac.4,1834.8864,3236.020
Calid. e Emba,4,4036.6314,5337.821
Conservación4,1034.2534,2335.366
Almacén4,1034.2534,2335.366

O cálculo anterior manterase mentres a suma das pezas fabricadas nas seccións de acolchados e espuma cortada non supere a cifra anual de 220.000 pezas. Ó supera-la mencionada cifra, estudiarase unha nova prima de producción. O actual cálculo da P.P. afecta as tecnoloxías existentes en Copo Ibérica moldeado (quente, frío, in situ, acolchados, semirríxidos, escuma cortada, etc.).

BloquePrezo/kgPrez./Per. neta mes

1997199819971998

Bloque bruto0,971,00
Bloque limpio1,911,97
Pezas4,784,941.984 ptas.2.048 ptas.
Col. Plan. e rolo3,833,95

As fórmulas de cálculo para bloque son as mesmas que as do ano 1996.

A prima de producción incrementarase en:

-500 ptas. lineaies/traballador/mes.

Artigo 44º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias con arreglo ós seguintes criterios:

44º.1. Horas extraordinarias habituais:

Suspensión.

44º.2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior.

Enténdese como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

44º.3. Horas extraordinarias estructurais.

A fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais ou outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mantemento urxente, todo iso, sempre que non poidan ser substituidos por contratacións temporais ou a tiempo parcial previstas na lei.

A empresa a fin de minimiza-la incidencia do absentismo na realización de horas extras, designará o persoal necesario para cubri-la porcentaxe de absentismo medio que tivemos no ano 1996.

A dirección da empresa entregará o comité de empresa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizaron, causas das mesmas e número delas. Así mesmo, e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo é necesario que a comunicación a cada traballador das horas extraordinarias realizadas por el mesmo, sexa mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estruturais non terán o recargo nas cotizacións á Seguridade Social a que se refire o Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo e reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro. Para iso notificaranse mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité.

O valor da hora extraordinaria para 1997 e 1998 será o indicado, en cada categoría, no anexo I, táboa salarial.

TÍTULO VI

Conceptos legais

Artigo 45º.-Lexislación aplicable.

No que non estea expresamente disposto neste convenio estarase ó que determine o Estatuto dos traballadores e demais disposicións concordantes.

Artigo 46º.-Comisión negociadora.

Está constituída por Josep Poch y Riba, Eleuterio Gutiérrez González, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A. e o comité de empresa, representante legal dos traballadores e por Ánxel Rey Costas, en representación dos traballadores de Copo Ibérica, S.A., que pasaron al grupo Copo de Industrias de Poliuretano y Afines, S.A.

A empresaO comité

ANEXO 1 1/2 TÁBOA SALARIAL

Observacións

Ano 1997

Soldo

base

Plus Asist.Plus Punt.TotalH.E.

día hábil

H.E.

día inhábil

Prima Prod.

Persoal de fabricación
Oficial de 1ª122.16318.22218.776159.1612.2212.886Si 1,1
Profesional de 1ª120.02815.24715.801151.0762.0902.716Si 1,1
Oficial de 2ª117.67112.07612.787142.5341.9932.592Si 1,1
Profesional de 2ª117.67112.07612.787142.5341.9932.592Si 1,1
Especialista116.22911.93612.393140.5581.9932.592Si 1,0
Axudante especialista108.65311.36211.502131.5171.9932.592Si 1,0
Peón91.5009.65510.077111.2321.9932.592Si 0,8

Persoal de transformación
Oficial de 1ª112.69912.41012.601137.7102.0312.639Si 1,1
Oficial de 2ª106.31710.70811.036128.0611.9932.592Si 1,1
Oficial de 3ª106.31710.70811.036128.0611.9932.592Si 1,0
Axudante de transformación91.5009.65510.077111.2321.9932.592Si 0,8

Persoal de mantemento
Oficial de 1ª158.49922.82522.594203.9182.3703.083Si 1,2
Oficial de 2ª131.61318.91819.242169.7732.0902.716Si 1,1
Oficial de 3ª117.58812.07312.785142.4461.9932.592Si 1,0

Persoal técnico de laboratorio
Analista159.79917.13614.567191.5022.4503.185
Especialista de laboratorio153.13316.44013.970183.5432.4503.185
Auxiliar de laboratorio116.62611.91510.051138.5921.9932.592

ANEXO 2 1/2 TÁBOA SALARIAL

Observacións

Ano 1998

Soldo

base

Plus Asist.Plus Punt.TotalH.E.

día hábil

H.E.

día inhábil

Prima Prod.

Persoal de fabricación
Oficial de 1ª126.07018.72719.282164.0792.2932.980Si 1,1
Profesional de 1ª123.93515.75215.753155.4402.1582.804Si 1,1
Oficial de 2ª121.49512.46813.203147.1662.0582.676Si 1,1
Profesional de 2ª121.49512.46813.203147.1662.0582.676Si 1,1
Especialista119.88212.31312.780144.9752.0582.676Si 1,0
Axudante especialista112.29611.73911.889135.9242.0582.676Si 1,0
Peón94.4749.96910.405114.8482.0582.676Si 0,8

Persoal de transformación
Oficial de 1ª116.36212.81313.014142.1892.0972.725Si 1,1
Oficial de 2ª109.77211.05611.395132.2232.0582.676Si 1,1
Oficial de 3ª109.77211.05611.395132.2232.0582.676Si 1,0
Axudante de transformación94.4749.96910.405114.8482.0582.676Si 0,8

Persoal de mantemento
Oficial de 1ª163.65023.56723.385210.6022.4473.183Si 1,2
Oficial de 2ª135.89019.55319.867175.2902.1582.804Si 1,1
Oficial de 3ª121.41012.46513.200147.0752.0582.676Si 1,0

Persoal técnico de laboratorio
Analista164.99217.69315.040197.7252.5303.289
Especialista de laboratorio158.11016.97414.424189.5082.5303.289
Auxiliar de laboratorio120.41612.30210.378143.0962.0582.676

ANEXO 1 2/2 TÁBOA SALARIAL

Observacións

Ano 1997

Soldo

base

Plus Asist.Plus Punt.TotalH.E.

día hábil

H.E.

día inhábil

Prima Prod.

Persoal técnico de fabricación
Contramestre195.16524.16123.839243.1652.5643.332Si 1,2
Mestre industrial188.27923.73423.412235.4252.5643.332Si 1,2
Encargado182.63423.14922.828228.6112.5643.332Si 1,2
Capataz152.26121.71621.395195.3722.4503.185Si 1,2

Persoal de oficina técnica
Delineante de 1ª182.04622.81619.806224.6682.5643.332
Delineante de 2ª153.08716.41813.961183.4662.4503.185
Delineante de 3ª116.78012.02411.484140.2881.9932.592

Persoal administrativo e vendas
Oficial de 1ª administrativo159.77917.13614.558191.5032.5643.332
Oficial de 2ª administrativo138.57821.87719.463179.9182.0902.716
Auxiliar administrativo115.88711.8019.946137.6141.9932.592
Graduado social115.88711.8019.946137.6141.9932.592

Xefes de Dpto. e servicios xerais
Xefe de sección213.43332.57428.916274.923
Cronometrador156.40417.36914.819188.592
Auxiliar de métodos e tempos116.58911.89610.043138.5281.9932.592
Programador167.43531.48728.412227.3142.5643.332
Auxiliar de programador116.58911.89610.043138.5281.9932.592
Garda barreira108.09111.21310.521129.8251.9932.592
Conductor de 1ª133.43418.30716.048167.789
Conductor de 2ª117.65312.05911.651141.363
Secretaria138.36213.21711.034162.613
Limpadora105.40610.58910.106126.1011.9932.592
Auxiliar a limpadora91.4989.65410.076111.2281.9932.592
Licenciado e enxeñeiro técnico126.66819.56517.588163.821

ANEXO 2 2/2 TÁBOA SALARIAL

Observacións

Ano 1998

Soldo

base

Plus Asist.Plus Punt.TotalH.E.

día hábil

H.E.

día inhábil

Prima Prod.

Persoal técnico de fabricación
Contramestre201.12824.91824.586250.6322.6473.440Si 1,2
Mestre industrial194.24224.49124.159242.8922.6473.440Si 1,2
Encargado188.59723.90623.575236.0782.6473.440Si 1,2
Capataz158.22422.44322.142202.8092.5303.289Si 1,2

Persoal de oficina técnica
Delineante de 1ª187.96223.55820.450231.9702.6473.440
Delineante de 2ª158.06216.95214.415189.4292.5303.289
Delineante de 3ª120.57512.41511.857144.8472.0582.676

Persoal administrativo e vendas
Oficial de 1ª administrativo164.99217.69314.568197.2532.6473.440
Oficial de 2ª administrativo143.08222.58819.463185.1332.1582.804
Auxiliar administrativo119.63312.18510.269142.0872.0582.676
Graduado social119.63312.18510.269142.0872.0582.676

Xefes de Dpto. e servicios xerais
Xefe de sección220.67033.63329.856284.159
Cronometrador161.48317.93315.301194.717
Auxiliar de métodos e tempos120.37812.28310.369143.0302.0582.676
Programador172.87732.49029.335234.7022.6473.440
Auxiliar de programador120.37812.28310.369143.0302.0582.676
Guarda barrera111.60411.57710.863134.0442.0582.676
Conductor de 1ª137.77118.90216.570173.243
Conductor de 2ª121.47712.45112.030145.958
Secretaria142.85913.64711.393167.899
Limpadora108.83210.93310.434130.1992.0582.676
Auxiliar a limpadora94.4729.96810.403114.8432.0582.676
Licenciado e enxeñeiro técnico130.78520.20418.160169.149

Calendario laboral 1997

Copo Ibérica, S.A.

Fondo social e de formación

Capítulo 1º

Normas básicas de funcionamento

Artigo 1º

Por acordo entre o comité de empresa e a empresa Copo Ibérica, S.A. constitúese o fondo social e de formación, co fin de atende-las axudas de carácter social ou de formación que sexan solicitadas polo persoal ó que afecta o convenio.

Artigo 2º

O obxecto do fondo social e de formación é atender tódalas obras sociais, profesionais, benéficas e de infortunio en favor de tódolos traballadores.

Artigo 3º

Os fondos económicos do fondo social e de formación estarán integrados segundo a cantidade establecida no convenio colectivo. A empresa porá a disposición do fondo social e de formación os fondos correspondentes segundo o acordado en convenio e a sinatura del.

Artigo 4º

O fondo social e de formación será administrado por unha comisión formada por tres membros do comité de empresa e tres representantes designados pola empresa.

Artigo 5º

O domicilio social desta comisión será o de Copo Ibérica, S.A.

Artigo 6º

A duración da dita comisión será de catro anos.

Artigo 7º

Estas normas entrarán en vigor unha vez aprobadas pola comisión do fondo social e de formación e o comité de empresa.

Artigo 8º

Estas normas poderán ser modificadas ou substituídas por acordo da comisión do fondo social e de formación co visto e prace da dirección da empresa e do comité.

Capítulo 2º

Obrigas e dereitos do persoal

Artigo 9º.-Obrigas dos traballadores.

1. Cumpri-las normas e observa-las formalidades nelas previstas.

2. Cumpli-los acordos e as resolucións da comisión do fondo social e de formación.

3. Presta-la súa colaboración persoal para o mellor cumprimento do fondo.

4. Non defraudar ou abusar do fondo social e de formación.

5. Non destina-los fondos outorgados a outro fin distinto do solicitado.

Artigo 10º.-Dereitos dos traballadores.

1. Percibir do fondo social e de formación os beneficios e auxilios que lle correspondan, de conformidade co establecido nas presentes normas.

2. Intervir na administración e modificación das normas do fondo social e de formación a través dos seus representantes.

Artigo 11º

A comisión do fondo social e de formación poderá impor ós traballadores, nos casos de incumprimento das súas obrigas as sancións seguintes:

1. Privación de recibi-los beneficios do fondo social e de formación.

2. As sancións que considere oportunas aplica-la comisión deberán comunicárselle ó interesado necesriamente por escrito, con expresión dos motivos que a ocasionan. Dentro dos 10 días seguintes a esta comunicación, o intresado pode elevar un prego de descargos á dita comisión que, unha vez examinado, resolverá definitivamente segundo proceda.

Capítulo 3º

Organización e funcionamento

Artigo 12º

Son órganos de goberno do fondo social e de formación:

a) Comité de empresa.

b) Comisión do fondo social e de formación.

Artigo 13º

O comité reunirase regulamentariamente unha vez ó ano para decidir sobre as seguintes cuestións:

a) Aproba-lo balance e memoria anual.

b) Aproba-los orzamentos anuais.

c) En xeral calquera modificación dos estatutos.

A convocatoria levarase a cabo pola comisión do fondo social e de formación, o texto da convocatoria e a orde do día serán entregados ó secretario do comité de empresa e publicado nos taboleiros de anuncios da empresa.

-O comité entregaralle á dirección da empresa unha copia da dita reunión.

-Terán dereito de asistencia tódolos membros do comité de empresa e da comisión con voz e voto.

Artigo 14º

De entre os membros do fondo social elixirase un presidente e un secretario.

Artigo 15º

A comisión do fondo reunirase unha vez ó mes como mínimo.

Artigo 16º

Existirá un fondo de reserva de polo menos un 15% do total.

Artigo 17º

Os acordos da comisión do fondo para a súa validez deberán ser aprobados por maioría de votos de entre os presentes. No caso de empate decidirá o voto do presidente.

Artigo 18º.-Facultades do presidente.

O presidente da comisión do fondo presidirá as reunións que se celebren, dirixiraas, convocaraas e vixiará a execución dos acordos que nelas se acorden.

En caso de ausencia será substituído por un vocal que designen os demais membros.

Artigo 19º.-Facultades do secretario.

O secretario da comisión do fondo expedirá e levantará actas de tódalas reunións que serán asinadas por el e levarán o visto e prace do presidente.

En caso de ausencia será substituído polo vocal que designe a comisión.

Os vocais da comisión do fondo colaborarán nas funcións asignadas á dita comisión emitindo o seu voto en tódolos asuntos que se presenten e achegando as suxestións que consideren convenientes.

Artigo 20º.-Facultades da comisión do fondo social e de formación.

1. Representa-lo fondo en tódolos ámbitos e exerceren tódalas accións e dereitos que competan a ela,

así como delegar esta representación para casos concretos na persoa que considere conveniente.

2. Aproba-las normas de aplicación dos servicios e prestacións do fondo social e de formación.

3. Aprobar con carácter previo os orzamentos anuais, balance, memoria; en xeral, calquera acordo que deba ser sometido ó comité de empresa.

4. Acordar con carácter excepcional, a realización de gastos que non teñan consignación nos orzamentos anuais, dando conta na primeira reunión do comité de empresa.

5. Acorda-la realización de prestacións extraordinarias.

6. Aproba-la apertura de contas en entidades bancarias e designa-las persoas que poidan utilizalas. Para estes efectos será necesario a sinatura conxunta do presidente, o secretairo e un vocal.

7. A organización e administración do fondo social e de formación.

8. Resolución de tódalas pretensións de tódolos trabalaldores en relación cos presentes estatutos.

9. Resolve-las reclamacións que poidan formularse en relación coas prestacións da comisión do fondo.

10. Velar polo cumprimento dos seus estatutos.

Capítulo 4º

Prestacións

Artigo 21º.-Prestacións do fondo.

a) Préstamos con devolución que se pactarán segundo o caso.

b) Sen devolución.

As solicitudes para as ditas prestacións deberán ir debidamente acompañadas coa documentación, na que se basea a petición e as causas que motivaron a solicitude.

As solicitudes serán presentadas á comisión do fondo para o seu estudio, a cal informará ó solicitante da súa decisión.

Non será posible a concesión dunha nova prestación en tanto exista saldo pendente de amortizar dun préstamo anterior.

Decisións do fondo social

Eliminar e «e de formación» do título de fondo social.

Non aboar nada relacionado con estudios.

Idem. todo aquilo que se poida facer a través da S.S.

Caducidade das facturas de tres meses sen ter en conta o mes de vacacións.

Pódense conceder axudas para rehabilitación en piscina baixo prescrición facultativa e con entrega periódica anual do informe médico indicando a súa continuidade.

Abono de axudas a persoal ausente, bien a un familiar empregado da empresa ou avisando por teléfono ou carta cun prazo de cobramento de máximo 30 dias.

Para copncesións das peticións teranse en conta os tres últimos anos a data 31 de decembro. A partir da dita data compútanse os do ano seguinte para darlles o % que se decida. O nº de peticións seguiranse controlando.

6514