Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-8-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité da empresa, en data 23-6-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de agosto de 1997.

F. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo da empresa Componentes de Vehículos de Galiccia, S.A. e os traballadores

No Porriño, 23 de xuño de 1997, reunidos dunha parte, Horacio Reyes Crespo, José Luis Gainzarain González y María Burgo Vázquez, como representantes legais da empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A.

E doutra parte, o comité de empresa, representado legalmente por José Alfaya Márquez (USO), José Gómez Diz (USO), Mª Elisa Piedras Estévez (USO) e Antonio Arcos Fernández (CIG).

Ámbalas partes recoñécense, no concepto en que interveñen, coa capacidade legal necesaria para negocia-lo presente convenio e para o efecto establecen o seguinte:

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio colectivo é para o centro de traballo da empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., situada actualmente no concello do Porriño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta ó persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, agás os que desempeñan cargos de conselleiros e os contratos de alta dirección ou de alta xestión da empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será a partir do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997, quedando prorrogado integramente ata a súa substitución por outro convenio colectivo de empresa.

Artigo 4º.-Prórroga.

Extinguido o período de vixencia, a denuncia deste convenio considérase automática.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Absorbilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outra que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puidesen establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións.

a) Vixilancia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa na lexislación vixente.

c) A comisión estará composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

Os dous representantes da empresa serán da súa libre elección, sen que ningún caso poidan exceder en mínimo á presentación social.

Por acordo de ámbalas partes poderase nomear un presidente entre as persoas da comisión.

As normas de funcionamento da comisión determinaraas a propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

Título II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Cómputo horario anual.

O cómputo anual de horas que se van realizar será de 1800 horas.

De ser necesario, para cumprilo, utilizaranse días de axuste horario: 23, 26 e 29 de decembro de 1997.

Artigo 10º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

Primeira quenda: de 6 a 14 horas.

Segunda quenda: de 14 a 22 horas.

Terceira quenda: de 22 a 6 horas.

As quendas serán rotativas e de luns a venres.

Para o persoal fixo o 1992, o traballo en quenda de noite terá carácter voluntario.

Dentro das 40 horas semanais, están computados 15 minutos por parada de bocadillo diariamente por quenda.

O horario de oficina será a quenda partida de 8 a 14 horas e de 15.30 a 17.30 horas.

Artigo 11º.-Vacacións.

As vacacións serán de 31 días naturais, sendo o desfrute delas da seguinte maneira:

Do 4 ó 31 de agosto (total 28 días).

O 24, 30 e 31 de decembro (total 3 días).

Artigo 12º.-Licencias e permisos retribuídos.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, agás que nos apartados correspondentes se diga o contrario, polo tempo seguinte:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 1 día en caso de traslado de domicilio.

c) 4 días en caso de falecemento de cónxuxe, fillos ou pais.

d) 2 días en caso de falecemento, enfermidade grave, intervención cirúrxica de parentes, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade. En caso de necesitar desprazamento, a licencia será de 4 días.

e) 1 día en caso de falecemento doutro familiar político ou consanguíneo.

f) 2 días laborables en caso de nacemento de fillo.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

h) En caso de morte dun compañeiro de traballo, durante o tempo necesario para asistir ó enterro, ós compañeiros que o desexen, sempre que o seu número non exceda ó dos membros do comité de empresa.

2. Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións ou nunha reducción da súa xornada laboral en media hora, coa mesma finalidade.

3. Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquilo.

4. Cando por razón de enfermidade, o traballador necesite asistir a un consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederalle (cun máximo de 12 horas anuais) o permiso necesario sen perda da retribución, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Nos casos excepcionais nos que se exceda este límite de 12 horas, requirirase un informe efectuado polo médico de empresa que dictamine a procedencia ou improcedencia deste exceso.

5. Permisos retribuídos para exames: o traballador terá dereito ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, ou unha preferencia a elixir quendas de traballo, cando curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional con aproveitamento ordinario.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

13.1. A organización do traballo, de acordo co prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

13.2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa terá que ser informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado da mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

13.3. Os traslados ou cambios non diminuirán as condicións salariais dos traballadores afectados, agás os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción ou outros) que serán os estipulados para o dito novo posto.

13.4. Ante a implantación dun sistema de primas de producción, método de traballo ou nova activi

dade, a empresa informará previamente ó comité de empresa e estudiará os informes que el mesmo puidese emitir, co obxecto de recoller e negocia-las súas achegas á nova implantación.

13.5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicará estas ó comité de empresa, o cal emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa dará a formación que coide necesaria en cada caso para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

Artigo 14º.-Condicións dos contratos.

En razón das condicións dos contratos de permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasifícanse en fixos, contratados por tempo determinado, eventuais, interinos, contratados a tempo parcial, en formación ou en prácticas. Así mesmo, poderase celebrar calquera tipo de contrato de traballo cunha modalidade que estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos cós demais traballadores do cadro, agás as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

Artigo 15º.-Ascensos.

Os ascensos para o persoal da empresa rexeranse polos seguintes criterios:

a) Automaticamente, polo mero feito de cumprir 18 anos os aspirantes administrativos serán ascendidos a auxiliares, os pinches a peóns e os peóns de primeiro ano a peóns, cando cumpran un ano de antigüidade na empresa.

b) Os ascensos non automáticos faranse polo sistema de concurso-oposición. Cando exista unha vacante, a dirección da empresa dará a coñecer ó comité de empresa, que, para coñecemento de todo o persoal, a publicará nos taboleiros de anuncios.

Esta notificación deberá realizarse cunha antelación dun mes á data da celebración das probas e deberá conter detallada exposición das vacantes ou postos que se van cubrir e as datas nas que se deberán efectua-las probas.

Unha vez notificada pola empresa a existencia dunha vacante, constituirase no prazo máximo de tres días o tribunal cualificador, que definirán as probas ás que deben someterse os aspirantes, así como a puntuación mínima esixida para alcanza-la condición de aprobado. Isto realizarao no prazo mínimo de 10 días, co fin de que sexa exposto no taboleiro de anuncios cunha antelación de 15 días, como mínimo, á celebración das probas.

A composición do tribunal será:

Presidente: designado pola dirección da empresa.

Un técnico nomeado pola empresa, pertencente ó departamento no que se vaia cubri-la vacante.

Dous membros do comité de empresa, ou nomeados entre o cadro de persoal por este. Destes, como mínimo, un deles deberá ter igual ou superior grupo profesional cá vacante que se vai cubrir.

Un secretario: cargo que ordinariamente será un administrativo, designado pola dirección da empresa, que levantará acta das reunións.

En igualdade de condicións atribuirase o ascenso segundo a seguinte orde de prioridades:

1. Ó máis antigo na categoría inferior.

2. Ó máis antigo na empresa.

En caso de discrepancia co comité, en materia de ascenso, a empresa ten a última facultade de decisión.

Artigo 16º.-Creación de emprego fixo.

Durante a vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a crear no ano 1997 doce empregos fixos.

Artigo 17º.-Capacidade diminuída.

Nos casos nos que se produza diminución de capacidade de tal forma que o traballador non poida realizar, sen risco para a súa saúde, a súa tarefa habitual, e sen prexuízo do que estableza a normativa reguladora das incapacidades laborais e dos distintos tipos de invalidez, a empresa, unha vez comprobada tal circunstancia, procurará adecualo a un posto axustado ás súas condicións físicas e psicolóxicas, se houber unha vacante e de acordo coa retribución do novo posto de traballo.

Artigo 18º.-Formación.

Potenciarase a política de formación profesional para posibilitar:

Un mellor desenvolvemento do posto.

A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecnolóxicos.

O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

A creación de novas expectativas de ascenso.

A adaptación dos novos empregados á empresa.

18.1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación externos e comezaranse cursos internos para formación de responsables de área ou quenda, ampliándoos sucesivamente. A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación.

Así mesmo, fomentarase a formación do persoal apropiado no concernente ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitarase, sempre que os prazos de execución ou o nivel de coñecementos requirido o permitan, o desprazamento profesional do persoal actual en beneficio de nova contratación.

18.2. A asistencia ós cursos de formación é de carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité

de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan, fomentando a asistencia ós cursos.

Non obstante, será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatoria como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

18.3. A empresa estudiará as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou a reciclaxe.

Artigo 19º.-Excedencias.

En materia de excedencias, os empregados de Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., poderán optar entre o sistema regulado no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e o que a seguir se expón, considerados ámbolos dous no seu conxunto:

A empresa concederá a todo o persoal que teña polo menos dous anos de antigüidade como fixo na empresa ou desde a última excedencia desfrutada, o pase a excedencia voluntaria por período non inferior a seis meses nin superior a tres anos.

A excedencia deberá solicitarse por escrito con vinte días de antelación e poderá ser atrasada cando a ausencia do empregado cause notorio prexuízo á empresa.

Se o traballador non solicita o reingreso trinta días antes do remate do prazo concedido de excedencia, ou do máximo fixado neste artigo, perderá o dereito ó seu posto de traballo.

No caso de que non exista vacante da categoría do traballador, a empresa porao no seu coñecemento.

O traballador que solicite o seu ingreso dentro do prazo fixado, terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoría. Se a vacante existente fose de categoría inferior á súa, poderá optar entre ocupala co salario a ela asignado ou esperar a que se produza unha vacante da súa categoría. Se producida ou existindo a vacante na súa categoría e requirido para que se incorpore, non o efectuase no prazo de 15 días, perderá todo o dereito ó reingreso.

O tempo de excedencia non será computable para ningún efecto e unha vez incorporado na súa categoría será recollido co número que lle corresponda, segundo o seu tempo de servicio activo.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

A dotación do vestiario segundo as diferentes categorías será a seguinte:

Persoal de fabricación: efectuaranse dúas entregas anuais do seguinte xeito:

Primeira entrega: antes do 1 de abril, vestiario de verán composto por pantalón, 2 camisetas, chaqueta curta e calzado de verán.

Segunda entrega: antes do 1 de outubro, vestiario de inverno, composto por pantalón, camisa, chaqueta curta e zapatos.

Capataces e encargados: efectuaranse as mesmas entregas que ó persoal de fabricación.

Persoal de mantemento: efectuaránselle as mesmas entregas, pero facilitaráselle calzado de seguridade, botas en inverno e zapatos en verán.

Persoal de laboratorio e departamentos técnicos: dúas batas ó ano coincidindo coas datas anteriormente sinaladas.

Persoal que realice traballo exteriores (carreteiros): facilitaráselle roupa de abrigo e roupa adecuada para a chuvia (pantalón, chaqueta e calzado).

A empresa facilitará máis roupa de traballo a todo traballador que, polo desenvolvemento da súa actividade normal, a necesitase.

Artigo 21º.-Seguridade e hixiene.

Durante o presente ano constituirase un comité de seguridade e saúde, formado por dous representantes da empresa e dous dos traballadores.

Os representantes dos traballadores poderán dispoñer dun total de 10 horas mensuais que distribuirán entre eles, sen incluí-las dedicadas a formación.

Título III

Aspectos sociais

Artigo 22º.-Seguro de vida.

A empresa no momento de asina-lo convenio comprométese a cambia-las coberturas da póliza de seguro vixente a favor dos traballadores da empresa, para cubri-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

Morte: 1.362.240.

Invalidez permanente absoluta: 1.362.240.

Morte por accidente: 4.086.720.

Morte por accidente de tráfico: 5.448.960.

Artigo 23º.-Fondo social.

A dotación do fondo social é de 350.000 ptas.

O fin do fondo é atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal ó que lle afecte o convenio.

Artigo 24º.-Comedor.

A empresa aboará os gastos de comidas orixinadas por necesidades dela na contía máxima de 1.200 ptas. por comida, que serán pagadas por caixa.

Queda excluído o caso do persoal contratado en réxime de quenda partida.

Artigo 25º.-Anticipos.

O persoal terá dereito ós anticipos estipulados legalmente. O traballador que o solicite terá dereito a un anticipo equivalente ó importe total das gra

tificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, sempre que o motivo sexa xusto a xuízo da dirección, e logo de informe da comisión paritaria.

Artigo 26º.-Desprazamentos.

O persoal, que a pedimento da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela e nun radio superior a 10 km, verá incrementada a súa retribución diaria e as súas horas extras nun 30% mentres dure o desprazamento.

Quedan excluídas deste artigo as categorías iguais ou superiores a xefe de sección, os desprazamentos por motivos de formación en tódolos casos e as persoas que como os vendedores e viaxantes, etc., necesitan os desprazamentos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

Artigo 27º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro por desprazamento con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 30 ptas./km brutas, incluíndo os desprazamentos e a mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica de accidente.

Artigo 28º.-Axuda por fillos diminuídos.

Para petición do comité de empresa e para as persoas que se solicitou, durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboará a cantidade de 25.000 ptas. brutas mensuais por cada fillo diminuído físico ou psíquico recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador.

Esta axuda será concedida a un máximo do 5% de traballadores do total do cadro de persoal.

Título IV

Aspectos sindicais

Artigo 29º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire observarase o que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión e a comunicación á empresa e demais requisitos efectuaránse polo menos con 72 horas de antelación.

A empresa, por petición do comité de empresa, autorizará asemblea para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 30º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa poderán ser acumuladas trimestralmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se lle indique á dirección da empresa a súa distribución.

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal afecto a este convenio, sempre e cando sexan solicitados por este.

Artigo 32º.-Taboleiros de anuncios.

Cada central sindical representada dentro do comité de empresa terá dereito a un taboleiro de anuncios para o seu uso exclusivo, colocado en lugar accesible para todo o persoal.

Título V

Conceptos económicos

Artigo 33º.-Retribucións.

As retribucións do persoal para 1997 serán as que figuran na táboa salarial anexa.

Artigo 34º.-Plus de antigüidade.

A. Duración do período de cobramento establecido nun máximo de 12 anos.

B. Distribución do período de cobramento en tres cuadrienios.

C. O importe de cada un dos tres cuadrienios será do 7% da media resultante de suma-los salarios base recollidos na táboa salarial anexa, ou o seu equivalente para anos sucesivos.

Artigo 35º.-Plus de asistencia e plus de puntualidade.

O importe destes dous pluses percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous pluses cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado implicarán a perda da parte proporcional do plus de asistencia (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do cen por cento do plus de puntualidade dese día.

Nas faltas de traballo durante todo o día, non se pagará o importe de ámbolos pluses do dito día, exceptuando as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio (agás nas que se indique o contrario), así como as saídas a consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 36º.-Plus de nocturnidade.

Este plus será do 28% sobre o salario base e a antigüidade, pagándose o dito plus na xornada abranguida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 37º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o cen por cento da súa retribución mensual (como se traballase os días de baixa por accidente).

Artigo 38º.-Paga de productividade.

A empresa pagará a cada traballador 20.000 ptas., cando se consigan uns obxectivos de tiradas do 1,5%.

Artigo 39º.-Baixas por enfermidade e maternidade.

Rexeranse polo establecido polo Estatuto dos traballadores e leis concordantes.

Artigo 40º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas para todo o persoal, na contía dunha mensualidade do salario base, plus de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como a antigüidade correspondente.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. En caso de que algún dos días fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse no primeiro día hábil seguinte.

Artigo 41º.-Prima de producción.

Mantense o acordo convido ata rematar ou regulariza-lo estudio que se está a realizar actualmente.

Artigo 42º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

42.1. Horas extraordinarias habituais: suspensión.

42.2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior.

Enténdese como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

42.3. Horas extraordinarias estructurais

Co fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais e outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mantemento urxente, defectos de producción, todo iso sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa entregaralle ó comité de empresa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizaron, causas e número delas. Así mesmo e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo acórdase que a comunicación a cada traballador, das horas extraordinarias realizadas por el, sexa mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estructurais non terán o recargo nas cotizacións á Seguridade Social a que se refiren os Reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro. Para iso, notificaranse mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité.

Artigo 43º.-Categorías profesionais.

Segundo a táboa salarial anexa.

Título VI

Aspectos legais

Artigo 44º.-Lexislación aplicable.

A empresa comprométese a solicitar perante a autoridade laboral competente o encadramento dentro do sector ó que a nosa empresa poida pertencer nun prazo de seis meses, se a empresa non fixese a dita consulta rexerase polo de químicas.

Artigo 45º.-Comisión negociadora.

Está constituída polo xerente da empresa, Horacio Reyes Crespo, polo responsable administrativo, José Luis Gainzarain González, pola responsable de producción María Burgo Vázquez, e polo comité de empresa, representante legal dos traballadores.

Artigo 46º.-Plus de penosidade.

Establécese a cantidade de 15.000 ptas., por horas efectivas de traballo na sección de escuma, mentres dure a súa penosidade por uso de máscaras.

Táboa salarial para o cálculo do plus de antigüidade

Importes anuais ano 1997

CategoríasSalario baseP. asistenciaP. puntualidadeT. devengadoP. antigüidade por cuadrienios

Peón 1 ano1.434.585125.955105.4651.666.005122.335
Peón1.520.655133.515111.7801.765.950122.335
Axudante1.596.675140.190117.3901.854.255122.335
Especialista1.672.755146.865122.9551.942.575122.335
Oficial 3ª administrativo

Oficial 3ª

1.748.715153.555128.5652.030.835122.335
Oficial 2ª administrativo

Oficial 2ª

1.824.810160.215134.1452.119.170122.335
Oficial 1ª administrativo

Oficial 1ª

Xefe de equipo

1.900.815166.890139.7252.207.430122.335
Encargado sección

Xefe de 2ª administrativo

1.976.880173.565145.3052.295.750122.335
Xefe sección

Xefe de 1ª administrativo

2.052.915180.240150.9002.384.055122.335

Bases para o cálculo do plus de antigüidade

Suma de salarios base: 15.728.805

Media de salarios base: 1.747.645

Tipo que se vai aplicar: 7%.

Plus antigüidade: 122.335

Componentes Vehículos de Galicia, S.A.

Táboa salarial convenio 1997

CategoríasSalario baseP. asistenciaP. puntualidadeTotalH.E. hábilH.E. inhábil

Peón 1 ano 95.6398.3977.031111.0671.6112.012
Peón101.3778.9017.452117.7301.7082.133
Axudante106.4459.3467.826123.6171.7932.240
Especialista111.5179.7918.197129.5051.8782.346
Oficial 3ª administrativo

Oficial 3ª

116.58110.2378.571135.3891.9642.453

CategoríasSalario baseP. asistenciaP. puntualidadeTotalH.E. hábilH.E. inhábil

Oficial 2ª administrativo

Oficial 2ª

121.65410.6818.943141.2782.0492.559
Oficial 1ª administrativo

Oficial 1ª

Xefe de equipo

126.72111.1269.315147.1622.1352.666
Encargado sección

Xefe de 2ª administrativo

131.79211.5719.687153.0502.2202.773
Xefe sección

Xefe de 1ª administrativo

136.86112.01610.060158.9372.3052.879

7985