Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de setembro de 1997, aprobou inicialmente un estudio de

detalle da unidade de actuación nº 2 do plan especial de reforma interior (PERI) de Outeiro (unidade de xestión B do plan xeral), e a modificación do estudio de detalle da unidade de actuación nº 1 do mesmo PERI (UX-A do plan xeral), segundo os proxectos promovidos por Manuel Ginarte e Domingo Aller CB.

O ámbito das ditas unidades é o definido polos seguintes lindes:

Norte: rúa de Astorga.

Oeste: Avda. de Lugo.

Sur: rúa Ponferrada.

Leste: rúa Raxeira.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8025