Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 15 de setembro de 1997, aprobou inicialmente un estudio de detalle para a construcción de catro vivendas unifamiliares na zona de Roxos (rúa de Muros), promovido por Construcciones Francisco Suárez Vilar, S.L.

Así mesmo, acordouse aprobar inicialmente a delimitación dunha unidade de actuación sobre os terreos afectados e fixar como sistema de actuación o de compensación de propietario único.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias para os usos e obras que resultan incompatibles coa ordenación proxectada, no ámbito do citado estudio de detalle, que é o comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: terreos propiedade de Ramón Lorenzo, José Barreiro González e José Vázquez Regueiro.

Sur: estrada E-543 de Santiago a Noia (rúa de Muros).

Leste: casa nº 176 da rúa de Muros e hortas traseiras a ela.

Oeste: terreos situados entre a unidade delimitada e a estación de servicio de Roxos-Vilastrexe.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8026