Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 29 de setembro de 1997, aprobou inicialmente un estudio de detalle da parcela nº 34 do PERI de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro (rúa As Fontiñas), promovido por Urbigal Uno, S.L.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias para os usos e obras que resultan incompatibles coa ordenación proxectada, no ámbito do citado estudio de detalle, que se describe de seguido:

Parcela sen edificar situada na marxe sur-leste da rúa das Fontiñas (fronte ós números 19-31 da devandita rúa).

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado