Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de explotación e xestión de sistemas informáticos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) na súa delegación de Santiago de Compostela.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación do servicio de explotación e xestión de sistemas informáticos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) na súa delegación de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 01, fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 18/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Servicio de explotación e xestión de sistemas informáticos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) na súa delegación de Santiago de Compostela.

b) Prazo de execución: o prazo de execución deste contrato é dun ano prorrogable por outros tres a partir do día seguinte á formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: tres millóns duascentas corenta e oito mil pesetas (3.248.000 ptas.), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación. 64.960 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou enviaranse por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

7958