Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación da ampliación da dotación de mobiliario para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración e instalación da ampliación da dotación de mobiliario para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 01, fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 19/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Subministración e instalación da ampliación da dotación de mobiliario para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) O concurso preséntase en seis lotes:

Lote 1. Dotación de mobiliario para o Igape e o CIS en Ferrol.

Lote 2. Dotación de mobiliario en xeral para o Igape en Santiago de Compostela.

Lote 3. Dotación de equipos de seguridade para o Igape en Santiago de Compostela.

Lote 4. Dotación de elementos de reprografía para o Igape en Santiago de Compostela.

Lote 5. Dotación de mobiliario de arquivo para o Igape en Santiago de Compostela.

Lote 6. Dotación de elementos audiovisuais para os CIS en Ferrol.

Lugar de entrega: sede do Igape en Santiago de Compostela e CIS do Igape en Ferrol.

Prazo de entrega: 45 días naturais contados desde o seguinte ó da súa formalización.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 24.895.852 ptas., IVE incluído, co siguiente desagregamento:

Lote 1. Dotación de mobiliario para o Igape e o CIS en Ferrol: 5.551.188 ptas.

Lote 2. Dotación de mobiliario en xeral para o Igape en Santiago de Compostela: 5.353.593 ptas.

Lote 3. Dotación de equipos de seguridade para o Igape en Santiago de Compostela: 3.500.000 ptas.

Lote 4. Dotación de elementos de reprografía para o Igape en Santiago de Compostela: 1.990.392 ptas.

Lote 5. Dotación de mobiliario de arquivo para o Igape en Santiago de Compostela: 7.528.400 ptas.

Lote 6. Dotación de elementos audiovisuais para os CIS en Ferrol: 972.280 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro de prazo sinalado, presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

7726