Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a contratación de subministración polo procedemento aberto por concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato.

Tipo do contrato: subministración.

Descrición do obxecto: subministración e instalación e cinco (5) guindastres con destino a diversos portos pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia. (Fisterra, Laxe, Burela, Portocelo e Miño).

División por lotes e número:

-Lote nº 1: guindastres con destino ós portos de Fisterra e Laxe (A Coruña).

-Lote nº 2: guindastres con destino ós portos de Miño (A Coruña), Burela e Portocelo (Lugo).

Lugar de entrega: portos de Fisterra, Laxe, Burela, Portocelo e Miño.

Prazo de entrega: o prazo de entrega para cada un dos lotes no que se subdivide o obxecto do contrato será o comprendido desde o día seguinte ó da sinatura do correspondente contrato e ata, como máximo, o día 20 de decembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: trámite de urxencia.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e un millóns de pesetas (31.000.000 de ptas.).

-Lote nº 1: vinteún millóns de pesetas (21.000.000 de ptas.).

-Lote nº 2: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

Provisional:

-Lote nº 1: catrocentas vinte mil pesetas (420.000 ptas.).

-Lote nº 2: duascentas mil pesetas (200.000 ptas.).

Definitiva:

-Lote nº 1: oitocentas corenta mil pesetas (840.000 ptas.).

-Lote nº 2: catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; Telef. (981) 54 62 93, fax nº (981) 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que se presentará: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día no que se cumpran tres (3) días hábiles contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1997.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

7957