Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública (expediente 4399 A.T., expropiación 168).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/66, de 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado polo Decreto 2619/66, do 20 de outubro, sométese a información pública a instancia da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, r/ Sáenz Díez, 45 solicitando a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amistoso, para a execución das instalacións seguintes:

-Liña de media tensión Meixide-Pena-Couto, concello de Chantada, autorizada e declarada de utilidade pública, do 11-11-1996.

Os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquer persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá lugar no BOP e máis no xornal O Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia, e os interesados en igual prazo, ós que se lles efectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do aludido regulamento. A este efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelarios das instalacións nesta dependencia, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán reclamar a través desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 2 de setembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 142/95 A.T.Provincia: Lugo

Liña: L.M.T. a C.T. AiroaConcello: Chantada

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

5QuinzánPradoEsperanza Calvo CalvoRua Nova, 59-BJ, 27001-Lugo21641024

6Leira do ChaoPradoRaúl López OteroLaxa-S.Felix de Asma, 27516-Chantada2150800

7963