Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO.

Expediente de expropiación forzosa que incoa esta delegación provincial a favor de Lignitos de Meirama, S.A., declarado de carácter urxente por Decreto 182/1997, do 18 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia o día 14 de xullo de 1997, para a ocupación dos terreos necesarios para a ampliación

da entulleira exterior da explotación mineira Grupo Minero Vulcano, sita no concello de Cerceda (A Coruña), para os efectos que regula o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

En cumprimento e execución da disposición devandita, fáiselles saber a tódolos interesados no expediente de referencia que despois de transcorridos, como mínimo oito días hábiles contados a partir da última publicación deste anuncio no DOG, BOP da Coruña e nos xornais desta capital: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego y El Corrego Gallego, procederá ó levantamento sobre o terreo o representante da Administración das actas previas á ocupación correspondentes ós predios afectados sitos no termo municipal de Cerceda, que se expresan no anexo que se insire a continuación, previndo os interesados de que na respectiva notificación individual que mediante cédula se lles practicará, así como no taboleiro de anuncios do concello, sinalaranse, coa debida antelación, o día e hora na que, para cada un deles, tal acta terá lugar, advirtíndolles tamén que ós ditos actos poderán acompañarse dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, se así o estiman conveniente, e que as referidas actas se

levantarán aínda no suposto de que non concorran os propietarios e demais interesados.

En aplicación do disposto no artigo 52.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa, os interesados poderán formular ante a Sección de Minas desta Delegación Provincial de Industria, sita na Coruña, edificio das delegación ministeriais, Avda. de Monelos s/n, cantas alegacións estimen oportunas contra o levantamento das actas previas e para os sós efectos de emenda-los posibles erros que se produciran ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación, non sendo procedentes calquera outro recurso ou reclamación que puidese corresponder a momento procedemental posterior.

A Coruña, 30 de setembro de 1997.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de terreos e afectados

TerreoLugarTitular e domicilioSup. HasNatureza

1028-2PereiroDominga Lois Mosquera e Hros. de J. Gende Liñares, Acevedo 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176, San Pedro de Nós, Oleiros.

0,5382Monte baixo

1035Campo PereiroDominga Lois Mosquera e Hros. de J. Gende Liñares, Acevedo 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176, San Pedro de Nós, Oleiros.

0,5576Monte baixo

1043Chousa GrandeEmilia García Croque e Hdros. J. Campos Santos, Alto 15185 Cerceda.

Manuel Campos García. Morzos, 15187 As Encrobas.

2,2127Labor, Prado,

monte alto

1047-1PicotaDominga Lois Mosquera e Hdros. J. Gende Liñares, Acevedo, 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176 San Pedro de Nós, Oleiros.

0,4604Labor e monte

baixo

TerreoLugarTitular e domicilioSup. HasNatureza

1047-5PicotaDominga Lois Mosquera e Hdros. J. Gende Liñares, Acevedo 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176 San Pedro de Nós, Oleiros

0,2744Monte alto

1074-1RamallosaDominga Lois Mosquera e Hdros. J. Gende Liñares, Acevedo 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176 San Pedro de Nós, Oleiros

0,4662Monte baixo

1096-1CasteloDominga Lois Mosquera e Hdros. J. Gende Liñares, Acevedo 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176 San Pedro de Nós, Oleiros

0,2692Labor

1232-4Chousa de ArribaDominga Lois Mosquera e Hdros. J. Gende Liñares, Acevedo 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176 San Pedro de Nós, Oleiros

1,0552Monte baixo

1232-6Chousa de ArribaDominga Lois Mosquera e Hdros. J. Gende Liñares, Acevedo 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176 San Pedro de Nós, Oleiros

1,8898Pradera, monte

baixo

1232-11Chousa de Arriba
Dominga Lois Mosquera e Hdros. J. Gende Liñares, Acevedo 15185 Cerceda.

Manuela Gende Lois. Rúa dos Cotos 15176 San Pedro de Nós, Oleiros

1,2256Prado

1538-2LouzánHrdos. Ricardo Orgeira Mosquera. Portofranco 15186 Queixas.0,4351Monte baixo

1539-1541LouzánRicardo Mosquera Mosquera e Hnos., Viris 15186 Queixas6,2340Prado-monte

1542-3LouzánManuel y Venerando Boquete Orgeira, Viris 15186 Queixas4,4300Prado-braña

7553