Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de San Xoán para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 013-EOL).

De conformidad co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das ins

talacións do parque eólico de San Xoán coas seguintes características:

Peticionario: Made Energías Renovables, S.A., Paseo de la Castellana, 95-planta 29º, 28046 Madrid.

Situación: concellos das Pontes (A Coruña) e Muras (Lugo).

Emprazamento (coordenadas poligonais en unidades UTM): V(0.598.300, 4.816.600); V(0.598.300, 4.817.900); V(0.601.000, 4.816.300); V(0.601.000, 4.816.000); V(0.599.300, 4.816.200).

Superficie afectada: 2,4 km.

Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 48.

Potencia nominal unitaria: 330 kW.

Potencia total instalada: 15,8 mW.

Altura de torres: 31 metros.

Diámetro de pas: 30,4 metros.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 10 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7902