De conformidad co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Vilalba coas seguintes características:
Peticionario: Made Energías Renovables, S.A., Paseo de la Castellana, 95-planta 29º, 28046 Madrid.
Situación: concello de Vilalba.
Emprazamento (coordenadas poligonais en unidades UTM): V(0.608.650, 4.809.650); V(0.608.000, 4.809.000); V(0.608.300, 4.808.000); V(0.601.000, 4.808.000); V(0.611.600, 4.806.900); V(0.611.900, 4.807.500); V(0.609.300, 4.808.950).
Superficie afectada: 3,2 km.
Características técnicas principais:
Número de aeroxeradores: 38.
Potencia nominal unitaria: 650 kW.
Potencia total instalada: 24,7 mW.
Altura de torres: 45 metros.
Diámetro de pas: 45 metros.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 10 de outubro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
7961