Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Pazos-Fontenla-Banda do Río.
Situación: Bueu.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 495 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o último apoio da L.M.T. nas proximidades do C.T. Pazos-Fontenla, rematando no C.T. de Pazos-Fontenla, concello de Bueu.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 4 de setembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7962