Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de modificación e substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada, de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciáronse os expedientes de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

* V-2431; XG-232, entre Mos e Vigo, con anexos (titular: Autocares Lucho, S.L.).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

7935