Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.195

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (124/1997).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, e de conformidade con providencia dictada con esta data nos autos de interd. reten. recob. posesión 00124/1997, seguidos por instancia de Luis Mª Ángel Ochagavia Sarasola, Mª Nieves Sanles Fontán, Jesús Isidro García Garrido e Mª del Carmen Ochagavia Sarasola, representados polo procurador José Manuel Novoa Núñez, contra Paloma Moreira Ramírez e Luis Fernando Castaño Soler, maior de idade, casado, de quen se ignora o seu actual domicilio e paradoiro, e na providencia

dos cales se acordou cita-los referidos demandados co fin de que o vindeiro día 13 de novembro, ás 10 horas, comparezan nestes autos, conforme o establecido no artigo 1654 da Lei de axuizamento civil, advertíndolles que deben comparecer acompañados de avogado e procurador, levándose o xuízo ó seu efecto aínda que non concorran, e serán declarados rebeldes, recaendo sobre eles o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para a súa inserción no DOG e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, para que lles sirva de emprazamento en legal forma ós devanditos demandados, expido o presente edicto en Ribeira o tres de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

7799