De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 26 de xullo de 1996 (BOE do 19 de agosto) para a provisión da praza número 96/052 de catedrático de universidade da área de coñecemento de personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos, do departamento de Psicoloxía desta universidade, a favor de Miguel Ángel Simón López, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Miguel Ángel Simón López, catedrático de universidade da área de coñecemento de personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos, do departamento de Psicoloxía, desta universidade.
A Coruña, 3 de outubro de 1997.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
7848