Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de mobiliario clínico (C.P. 140/97).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de mobiliario clínico.

Orzamento: 26.500.000 ptas.

Garantía provisional: 530.000 ptas.

-Lote 1. Camas hospitalarias: camas de hospital de 0,80 m de largo e 1,90-2,10 m de longo con rodas e sistema de bloque centralizado. Portasoros, polibilidade de acoplamento do arco balcánico. Topes de goma antichoques en puntos calve. 10 das

camas deberán levar incorporador de paciente. Mesas de noite: mesas de noite como complemento das camas, con atril dotado de dispositivo regulador. Estructura de aceiro.

Orzamento: 22.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 440.000 ptas.

-Lote 2. Cadeira de brazos de paciente tipo hospitalario: cadeira de brazos ergonómica con respaldo abatible, repousapés escamoteable, estructura de aceiro tapizado en material sintético lavable.

Orzamento: 3.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 60.000 ptas.

-Lote 3. Colchóns con funda e almofada: colchóns para cama hospitalaria formado por un bloque central en espuma alta densidade ou material similar. Medida 80x190 cm e de 14 a 15 cm de grosor.

Orzamento: 1.500.000 ptas.

Garantía provisional: 30.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: a entrega ós 15 días da adxudicación.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica y técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Seguridade e facilidade de manexo: 30%.

Servicio técnico e prazo de entrega: 20%.

Total puntuación: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que

remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 3 de outubro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

7903